Actuaciones del Colegio

29-07-2026
O COAG presenta un recurso de reposición en impugnación do proceso selectivo do concello de Ponteareas para a contratación laboral temporal dun/dunha Arquitecto/a para a substitución temporal da actual Arquitecta municipal, mediante o procedemento previsto no convenio colectivo do concello.
20-07-2026
Criterio interpretativo da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo sobre a necesidade de contemplar o deseño dos peches de parcelas nos proxectos de obras
22-05-2026
O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta recurso contencioso administrativo, en impugnación das bases específicas da convocatoria de EMVSA (Empresa Municipal de Vivienda, Servicios y Actividades, S.A. de A Coruña) para a contratación temporal e constitución dunha bolsa de emprego, para prover diversas prazas, entre elas 1 praza de «Arquitecto Superior ou Técnico».
17-03-2026
Contestación do IGVS á consulta sobre o cambio de uso de locais a vivenda
09-03-2026
O Tribunal Supremo, mediante a sentenza Nº 263/2026, de 3 de marzo, da Sala de lo Contencioso -Administrativo, Sección Cuarta, estima o recurso de casación do COAG (REC. CASACIÓN 7642/2023) en relación coa impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación de «servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención A Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo.
27-02-2026
O COAG recorre en apelación a sentenza nº 00021/2026, de 5 de febreiro de 2026 do Xulgado Contencioso Administrativo nº 3 de A Coruña que desestima o recurso contencioso administrativo presentado polo COAG en impugnación das bases do proceso selectivo para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes.