Categoría
Acto institucional de celebración do 50 aniversario da creación do COAG
Charla Mapei “Impermeabilización de cubiertas y estructuras enterradas – barreras frente al gas radón”
Esta jornada tiene como objetivo presentar los sistemas de los que dispone Mapei para la Impermeabilización de los diferentes tipos de Estructuras Enterradas en función de las características del terreno, así como de Cubiertas Planas.
Paula de la Iglesia Peña (Arquitecta – dpto técnico)
Daniel Olivares (Especialista en sistemas de impermeabilización)
Lugar: Sala COAG en Vigo. Dr. Cadaval, 5.
Fecha: 10 de octubre, a las 19:00 h.
SEMINARIO MAPEI Impermeabilización estructuras enterradas y cubiertas
ALTURA DE MIRAS. Debate sobre os modelos de cidade
O venres 11 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a Xornada de debate ALTURA DE MIRAS, á que están convidados os seguintes arquitectos: Teresa Táboas Veleiro, Vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) e da Fundación Juana de Vega; Sonia Puente Landázuri, Coordinadora xeral de Urbanismo e Espazo público do concello de Getafe; Luciano González Alfaya, Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e Jesús Conde García, Profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña (UDC).
O obxectivo desta Xornada, enmarcada na Semana da Arquitectura, é comprender os procesos urbanísticos actuais que están operando na cidade da Coruña, entre eles: a verticalización –a través da aposta polas torres–, a densificación, a turistificación, a marketinización e/ ou o branding urbano. Procesos que conlevan transformacións dos espazos e da trama urbana, cambios nos modos de vida da poboación e, tamén, nalgúns casos, expulsións de residentes. Trátase de coñecer e discutir sobre os procesos que operan na cidade global da Coruña, entendendo por cidade global a definición da socióloga, escritora e profesora neerlandesa Saskia Sassen (1947). Uns procesos nos que os actores que producen a cidade xa non son os actores locais habituais nin a banca tradicional, senón, en grande medida, o capital das altas finanzas globais.
E trátase tamén de confrontar distintos modelos de produción de cidade, así como de debatir sobre os mellores modelos urbanos para responder ás necesidades reais da poboación, aos retos ecosociais do presente e á crise climática.
DATA:
Venres 11 de outubro 2024 – 19:00 horas
LUGAR:
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
COLABORA:
Asociación cultural Flor de Santiago
Faladoiros CMD sobre madeira… con Abalo Alonso Arquitectos
O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, un novo Faladoiro sobre madeira, co gallo de compartir experiencias sobre os retos aos que se enfronta a profesión ante o crecente interese pola construción en madeira. read more…
Importante Sentenza do Tribunal Supremo: os arquitectos son os únicos profesionais que poden informar sobre urbanismo no ámbito da Administración
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) informa que o Tribunal Supremo, na súa sentenza 1132/2024 do 26 de xuño de 2024, declarou que a emisión de informes relacionados coa intervención na edificación, expedientes en ruína, control da legalidade urbanística e patrimonio, teña que ser realizada por arquitectos. Así, o COAG amosa a súa satisfacción coa declaración do alto tribunal que está en liña cos valores do colectivo de “defensa do desempeño profesional dos arquitectos”.
A sentenza contén uns pronunciamentos transcendentes e clarifica as competencias profesionais na emisión de informes no ámbito do control da legalidade urbanística, patrimonio e outros aspectos, en funcións de asesoramento en materia urbanística. En definitiva, séntase unha doutrina moi precisa e concluínte en canto aos profesionais competentes nesta materia, a reserva de actividade que existe en favor dos arquitectos e as funcións que exceden das atribucións de arquitectos técnicos.
Como antecedentes, esta sentenza tivo en conta unha licitación do Concello de Rábade (Lugo) para a adxudicación do servizo de asistencia técnico-urbanística, na que se establecía a titulación de Arquitecto para realizar as funcións. O Consello Galego de Colexios de Arquitectos Técnicos e Aparelladores interpuxo un recurso, onde o COAG compareceu no procedemento como interesado. O Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo estimou este recurso, pero o Concello de Rábade e o COAG apelaron ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e as súas alegacións foron estimadas, aínda que o Consello Galego de Colexios de Arquitectos Técnicos e Aparelladores recorreu a sentenza cun recurso de casación ante o Tribunal Supremo, que finalmente desestimou confirmando a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 17 de xaneiro de 2022.
A sentenza do Tribunal Supremo sinala que a seguridade das persoas e das edificacións son razóns de interese xeral que xustifican a reserva aos arquitectos superiores destas funcións de asesoramento e consultoría, funcións que “exceden das competencias e facultades dos Arquitectos Técnicos, conforme ao disposto na Lei 12/1986, de 1 de abril, sobre regulación das atribucións profesionais dos Arquitectos e Enxeñeiros técnicos, en razón do ámbito da súa respectiva especialidade técnica”.
O COAG remitiu unha carta á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración solicitando a ampliación de prazo de presentación de propostas na licitación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da escola de formación profesional e da clínica da antiga Fábrica de armas para a creación dun centro de formación especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital na Cidade das TIC (A Coruña) cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta (expediente 2024_016_SXT_FCE).
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados, mes de setembro 2024
Arquitectura para un mundo mellor. 50 anos COAG
O vindeiro sábado 5 de outubro, ás 18:00 horas, no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, terá lugar un acto institucional de celebración do 50 aniversario da creación do COAG.
Hai pouco mais de medio século que un grupo de arredor de 100 colexiados e colexiadas iniciaron o camiño do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Agora, no final dos actos conmemorativos deste 50 aniversario, a Xunta de Goberno, en nome de todos e todas os colexiados e colexiadas actuais, quere ter un recoñecemento para todos eles.
Neste acto procederase tamén á entrega da terceira edición do premio “Arquitectura para un mundo mellor” a Santiago Martínez Otero (Chago), polo seu traballo en “Forxa Chago”.
Ao rematar o acto, ás 19:00 horas, servirase un cóctel para as persoas asistentes.
O acceso a este acto é libre ata completar o aforo dispoñible. Para asistir, é imprescindible inscrición no seguinte ENLACE
Non se require etiqueta. Por protocolo do acto, se recomenda vestimenta formal:
Homes: traxe; mulleres: vestido curto, traxe de chaqueta.
Conferencia CHAGO: «O Ferreiro de Compostela»
Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar que o vindeiro venres 4 de outubro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago, terá lugar a conferencia “O FERREIRO DE COMPOSTELA” impartida por Santiago Martínez Otero, coñecido polo seu traballo en “Forxa Chago”. read more…
Resultado eleccións AGAU
Tal e como se informa na Circular 15 2024, publícase o Resultado das eleccións á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas do COAG.
Acto institucional de celebración do 50 aniversario da creación do COAG
O sábado 5 de outubro, ás 18:00 horas, no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, terá lugar un acto institucional de celebración do 50 aniversario da creación do COAG. Hai pouco mais de medio século que un grupo de arredor de 100 colexiados e colexiadas...
Charla Mapei “Impermeabilización de cubiertas y estructuras enterradas – barreras frente al gas radón”
Esta jornada tiene como objetivo presentar los sistemas de los que dispone Mapei para la Impermeabilización de los diferentes tipos de Estructuras Enterradas en función de las características del terreno, así como de Cubiertas Planas. Ponentes: Paula de la Iglesia...
ALTURA DE MIRAS. Debate sobre os modelos de cidade
O venres 11 de outubro, ás 19:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a Xornada de debate ALTURA DE MIRAS, á que están convidados os seguintes arquitectos: Teresa Táboas Veleiro, Vicepresidenta da Unión...
Faladoiros CMD sobre madeira… con Abalo Alonso Arquitectos
O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, un novo Faladoiro sobre madeira, co gallo de compartir experiencias sobre os retos aos que se enfronta a profesión ante o crecente interese pola construción en...
Importante Sentenza do Tribunal Supremo: os arquitectos son os únicos profesionais que poden informar sobre urbanismo no ámbito da Administración
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) informa que o Tribunal Supremo, na súa sentenza 1132/2024 do 26 de xuño de 2024, declarou que a emisión de informes relacionados coa intervención na edificación, expedientes en ruína, control da legalidade urbanística...
O COAG remitiu unha carta á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración solicitando a ampliación de prazo de presentación de propostas na licitación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da escola de formación profesional e da clínica da antiga Fábrica de armas para a creación dun centro de formación especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital na Cidade das TIC (A Coruña) cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta (expediente 2024_016_SXT_FCE).
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados, mes de setembro 2024
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de setembro de 2024 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais,...
Arquitectura para un mundo mellor. 50 anos COAG
O vindeiro sábado 5 de outubro, ás 18:00 horas, no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, terá lugar un acto institucional de celebración do 50 aniversario da creación do COAG. Hai pouco mais de medio século que un grupo de arredor de 100 colexiados e...
Conferencia CHAGO: «O Ferreiro de Compostela»
Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar que o vindeiro venres 4 de outubro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago, terá lugar a conferencia “O FERREIRO DE COMPOSTELA” impartida por Santiago Martínez Otero, coñecido...
Resultado eleccións AGAU
Tal e como se informa na Circular 15 2024, publícase o Resultado das eleccións á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas do COAG.