O sábado 5 de outubro, ás 18:00 horas, no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, terá lugar un acto institucional de celebración do 50 aniversario da creación do COAG.
Hai pouco mais de medio século que un grupo de arredor de 100 colexiados e colexiadas iniciaron o camiño do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Agora, no final dos actos conmemorativos deste 50 aniversario, a Xunta de Goberno, en nome de todos e todas os colexiados e colexiadas actuais, quere ter un recoñecemento para todos eles.
Neste acto procederase tamén á entrega da terceira edición do premio “Arquitectura para un mundo mellor” a Santiago Martínez Otero (Chago), polo seu traballo en “Forxa Chago”.