Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar que o vindeiro venres 4 de outubro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago, terá lugar a conferencia “O FERREIRO DE COMPOSTELA” impartida por Santiago Martínez Otero, coñecido polo seu traballo en “Forxa Chago”.
Esta conferencia organízase con motivo do outorgamento do III Premio de “Arquitectura para Un Mundo Mellor 2024” do COAG a Chago. O mestre artesán ofreceranos un percorrido polo seu traballo e metodoloxía, e amosaranos algúns exemplos do seu traballo no ámbito da Compostela Patrimonial.
PONENTE
Santiago Martínez Otero, máis coñecido como Chago, é un mestre forxador especializado na forxa de construción e na súa restauración. Comezou a súa formación na “Escola Taller de San Domingos de Bonaval” de Santiago de Compostela, promovida polo arquitecto e entón alcalde da cidade Xerardo Estévez e por Peridis e onde tivo como profesor ao ferreiro Antonio Campos. Pronto deixou a escola para traballar en distintos talleres nos que foi familiarizándose con múltiples ramas do traballo do metal, aínda que sempre sen perder de vista o seu interese principal: a forxa. Montou a súa propia empresa nos anos 90 do século pasado e foi interesándose cada vez máis pola tradición do oficio e a restauración de forxa antiga. A súa inquietude por redescubrir parte do coñecemento practicamente xa perdido no campo da forxa levoulle a estar sempre experimentando e a embarcarse en viaxes por Galicia e Asturias para visitar a vellos ferreiros de lugares como Taramundi ou Santa Eulalia de Oscos e poder así aprender da forma de traballar de cada un deles.
INSCRICIÓN
Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.
A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.
ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN
DATA:
Venres 4 de outubro de 2024
HORARIO:
19:30 a 21:00 horas
LUGAR:
Salón de actos do Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Praza das Praterías 2, Santiago de Compostela