Categoría

Presentación da Xunta Directiva da AGAU e enquisa

Presentación da Xunta Directiva da AGAU e enquisa

Estimadas compañeiras e compañeiros:

En nome da nova Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas de Galicia (AGAU), queremos transmitirvos a nosa ilusión e motivación neste novo camiño que comeza.

Como sabedes, a AGAU nace co obxectivo principal de promover un urbanismo de calidade en Galicia, defendendo os intereses das arquitectas e arquitectos urbanistas e fomentando a nosa participación activa na planificación e xestión das cidades e do territorio.

O mes de novembro celebraremos a primeira Xunta Xeral, onde poderemos compartir ideas e tomar decisións sobre o futuro da AGAU. Será un espazo de encontro para debater, entre outras cuestións, as liñas de actuación, as actividades a desenvolver, así como as contas e cotas neste primeiro ano.

Escribímosvos para convidarvos e animarvos a participar na definición das actividades que, como agrupación, podemos levar a cabo. As vosas achegas son fundamentais para que a AGAU sexa un proxecto común produto das necesidades e inquedanzas de todas e todos os agrupados.

Para iso, e co fin de preparar esa primeira Xunta Xeral, propoñemos traballar en dúas liñas fundamentais:

  • Marco Legal e urbanismo comparado: Analizar a lexislación urbanística en Galicia, en España e noutros contextos, para identificar boas prácticas e formular propostas de mellora. Este traballo permitiranos comprender mellor o marco no que nos movemos e aprender das experiencias doutras rexións.

  • Práctica profesional: Crear ferramentas e recursos que faciliten o traballo diario nas nosas disciplinas. Neste sentido pensamos que podería ser interesante desenvolver tres eixes:

    • Grupos de traballo. Fomentar o diálogo e a colaboración entre profesionais da agrupación, en primeiro lugar e, doutros ámbitos (economía, dereito, administración, etc.) para abordar os diferentes retos do urbanismo desde unha perspectiva multidisciplinar.

    • Documentos técnicos. Elaborar guías, manuais e outros documentos que sirvan de apoio para a práctica profesional, abordando, entre outros, os temas tratados nos grupos de traballo.

    • Xornadas de formación específica. Organizar xornadas, talleres e sesións de formación, tanto presenciais como online, sobre temas de actualidade e interese que se teñan identificado como necesarios.

Para o desenvolvemento destas dúas liñas de traballo, identificamos os seguintes temas prioritarios:

  1. Planeamento urbanístico e territorial.
  2. Cambio Climático e sostibilidade.
  3. Axenda Urbana e territorial.
  4. Dereitos Urbanos.
  5. Dereito á vivenda.
  6. Dereito á mobilidade e accesibilidade.
  7. Dereito á paisaxe e ao territorio.
  8. Dimensión de xénero e urbanismo.
  9. Espazo público e desigualdade.
  10. Cidade e saúde.

Para concretar estas liñas de traballo e a forma de abordalos, gustaríanos contar coa vosa opinión. Convidámosvos a responder nesta breve enquisa: https://form.jotform.com/243011586467054

Agardamos as vosas respostas e suxestións, para poder remitirvos o resultado antes da primera Xunta Xeral que celebraremos no mes de novembro.

Un saúdo cordial,

 

A Xunta Directiva da AGAU

XENTES, ESPAZOS E LUGARES. EDICION 2024 OLLADAS SOBRE O TERRITORIO QUE HABITAMOS

XENTES, ESPAZOS E LUGARES. EDICION 2024 OLLADAS SOBRE O TERRITORIO QUE HABITAMOS

Xentes, Espazos e Lugares é un programa de divulgación e formación non regrada, dirixido á cidadanía en xeral, conformado por un conxunto de charlas que teñen por obxectivo ofrecer unha visión plural e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve neles a nosa vida.

Organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro do convenio do ProxectoTerra coa Xunta de Galicia, estas xornadas buscan ser un punto de encontro e reflexión no que podan estar presentes todas as persoas que teña algo que dicir sobre a complexidade do habitar no presente e no noso país.

Xentes dos campos da: arquitectura, urbanismo, xeografía, arte, socioloxía, xornalismo, escrita, docencia, da comunidade educativa, dos colectivos cidadáns… son convidadas a compartir as súas reflexións sobre como foi e como é a nosa interacción co medio natural e construído, e como xorden e se modifican os espazos que habitamos ao longo do tempo.

O que nos reúne nestas xornadas é o interese compartido nos temas que afectan á colectividade máis aló de compromisos profesionais específicos, tendo as intervencións un carácter marcadamente divulgador e coloquial.

O programa desta edición incide en temas como os novos retos das cidades e vilas intermedias, o actual papel das aldeas na nosa organización social e territorial e as necesidades da vivienda contemporánea.

As xornadas desenvolvense este ano en tres cidades: Ourense, Lugo e Pontevedra coa idea de espallarse nas proximas edicións a outras vilas e ciudades de Galicia.

PROGRAMA DA EDICIÓN 2024

XOVES 7 DE NOVEMBRO. 17:00H. OURENSE

Salón de Actos do Edificio administrativo da Xunta. Avenida da Habana.

17:00 Acto inaugural. Palabras dos representantes de Urbanismo e da APLU da Xunta de Galicia e do Colexio de Arquitectos de Galicia.

17:20 Presentación das xornadas por Manuel Amable. Coordinador do ProxectoTerra.

¿Cómo viviremos nas nosas cidades?

Participan:

Josep María Llop. Director do programa UIA-Cimes. Catedra Unesco de Ciudades Intermedias. Universidade de Lleida.

Teresa Novais.  Profesora da Universidade Lusiada de Oporto. Comisaria da Exposición Mais do que casas no Museo do Design de Lisboa.

Modera:

Isabel Mociño. Decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo.

XOVES 14 DE NOVEMBRO. 17:00H. LUGO

Salón de Actos da sede de Afundación. Praza Maior / Praza de Santa María.

Aldeas Cosmopolitas

Participan:

Lourenzo Fernández-Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e Director do CISPAC.

Luz Paz-Agras. Arquitecta e profesora da Universidade da Coruña.

Jaime Izquierdo. Escritor e etnógrafo.

Modera:

Enrique Seoane. Profesor da Universidade da Coruña e Coordinador de urbanismo, paisaxe e territorio do ProxectoTerra.

XOVES 21 DE NOVEMBRO. 17:00H. PONTEVEDRA         

Salón de Actos do Edificio da Xunta de Galicia na Rúa Benito Corbal.

Especies de espazos

Participan:

Carme Nogueira. Artista e docente.

Laura Pato. Arquitecta e deseñadora.

Modera:

Fernando Agrasar Quiroga. Profesor da Universidade da Coruña e Coordinador de Arquitectura do ProxectoTerra.

Xornada informativa sobre o Servizo de Licenzas

Xornada informativa sobre o Servizo de Licenzas

O mércores 6 de novembro, ás 17:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha Xornada informativa sobre o Servizo de licenzas do Concello da Coruña na que participarán as seguintes relatoras:

  • Gloria de la Montaña Alcántara-García, Directora de Urbanismo do Concello da Coruña
  • Yolanda Teixido Infante, Xefa do Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística do Concello da Coruña.

read more…

Oferta de emprego

Oferta de emprego

Estudio de arquitectura con sede en A CORUÑA selecciona arquitecto/a. Funcións a desempeñar Desenvolvemento de proxectos. Ubicación do posto: A CORUÑA Tipo de contrato: A convir entre as partes. Requisitos: Valorase manexo de programas informáticos de debuxo, de...

Oferta de emprego

Oferta de emprego

Estudio de arquitectura STGO DISEÑO Y MULTIMEDIA S.L. con sede en FERROL selecciona arquitecto/a. Funcións a desempeñar Desenvolvemento de proxectos e direccións de obra. Ubicación do posto: Ferrol Tipo de contrato: Asalariado Requisitos: Arquitecto, capacidade de...