O xoves 7 de novembro ás 12:00 horas, Anxo de la Puente Fernández explicará os procesos de substitución e cesamento.
Malia a antigüidade dos fundamentos dos procesos de substitución e cesamento, persisten certas ideas e hábitos baseados en regulacións do século pasado que de cando en vez derivan en conflitos entre colexiados que non deberan darse de sermos conscientes da normativa vixente.
Este #COAGconta ten como obxectivo fundamental erradicar conceptos espurios ao tratar os casos de substitución e cesamento, deixando claras as obrigas dos arquitectos intervenientes en tales procesos e o papel do Colexio. Ademais, tratarase a tramitación colexial no coag-estudio destes casos.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora