Xornada informativa sobre o Servizo de Licenzas

31 Out 2024

O mércores 6 de novembro, ás 17:00 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar unha Xornada informativa sobre o Servizo de licenzas do Concello da Coruña na que participarán as seguintes relatoras:

  • Gloria de la Montaña Alcántara-García, Directora de Urbanismo do Concello da Coruña
  • Yolanda Teixido Infante, Xefa do Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística do Concello da Coruña.

A xornada ten como obxectivo apoiar a actividade profesional dos arquitectos/as, ofrecendo asesoramento en aspectos relativos ao proceso de obtención de licenzas neste concello, así como resolver as dúbidas que poidan ter os colexiados/as sobre este relevante asunto.

DATA
Mércores 6 de novembro de 2024 – 17:00-20:30 horas

LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

ORGANIZA
Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña

Compartir