Categoría

Curso de Fundamentos da construción con madeira

Curso de Fundamentos da construción con madeira

O obxectivo deste curso é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para a utilización da madeira como material estrutural e construtivo tanto para obra nova como rehabilitación. Faremos un repaso das súas propiedades físico-mecánicas e dos principais sistemas construtivos, así como dos aspectos fundamentais a ter en conta en materia de durabilidade y deseño de detalles.

Trátase dun curso introdutorio que se complementará con outro sobre construción con elementos prefabricados de madeira: armazón lixeiro e CLT, que dará comezo en outubro de 2025.

Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración suscrito polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares. 

Prezos de matrícula 

O curso conta coa financiación de XERA, polo que os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. O aforo é limitado.

  • Matrícula ordinaria: 100 euros
  • Arquitectos colexiados: 50 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 35 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 07/09/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 07/09/2025 ata o domingo 14/09/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

 

Oferta de programas para COAG – ÍSCAR SOFTWARE

Oferta de programas para COAG – ÍSCAR SOFTWARE

ÍSCAR SOFTWARE e o COAG acaban de asinar un acordo de colaboración que establece condicións exclusivas na adquisición de programas profesionais para colexiados:

  • GstarCAD (50% de descuento para COAG)

Podes abrir e modificar os teus arquivos DWG de proxectos anteriores, coas túas mesmas plumillas, bloques e comandos de sempre.

Bótalle unha ollada a este vídeo de 2 minutos onde se explica: enlace video

Os prezos varían en función do tipo de licenza adquirida:

Incluido o soporte técnico durante 1 ano. Prezos sen IVA. 

Tes ata o 30 de outubro para formular a túa solicitude. Oferta suxeita a termos e condicións.

Se tes dúbidas, podes contactar con David Martínez, de Íscar Software, no seu número 656 554 850 ou se prefires podes mandarlle un correo a david@iscarnet.com

  • SketchUp  (10% de desconto para COAG)

SketchUp é unha ferramenta intuitiva para modelado 3D, ideal para arquitectura, deseño de interiores e paisaxismo. Permite crear, documentar e comunicar ideas de forma eficiente.

Máis información: https://iscarnet.com/sketchup/

Vídeo Qué é SketchUp: https://youtu.be/7oiTZzqRkfQ?si=xfQTG8eO1fOjfvZp

  • V-Ray para SketchUp  (10% de desconto para COAG)

V-Ray é un motor de renderizado que se integra con SketchUp, permitindo xerar imaxes fotorrealistas de alta calidade. É ideal para visualizar proxectos con realismo e precisión.

Máis información: https://iscarnet.com/vray-para-sketchup/

Vídeo Qué é V-Ray: https://youtu.be/wqIrS5gqbZU?si=K6fU-n5yPcdEKT0R

  • Enscape (10% de desconto para COAG)

Enscape ofrece renderizado en tempo real e realidade virtual, completamente integrado coas túas ferramentas de deseño. É fácil de usar e permite visualizar proxectos de forma rápida e realista.

Máis información: https://iscarnet.com/enscape/

Vídeo Qué é Enscape: https://www.youtube.com/watch?v=TTMjFdnF7G4

  • Twinmotion Cloud + Soporte (10% de descuento para COAG)

Twinmotion é unha solución de visualización 3D e realidade virtual desenvolvida por Epic Games, que permite crear presentacións interactivas e renders fotorrealistas en tempo real. É ideal para arquitectura, urbanismo e paisaxismo.

Máis información: https://iscarnet.com/twinmotion/

Qué é Twinmotion: https://youtu.be/343qUScsl_c?si=ibxHuSsz91F3TqDc

Para adquirir calquera software ofertado, podes contactar con David Martínez, de Íscar Software, no seu número 656 554 850 ou se prefires podes mandarlle un correo a david@iscarnet.com

XV Edición de las Jornadas del Consejo General del Poder Judicial y UAPFE/ Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España

XV Edición de las Jornadas del Consejo General del Poder Judicial y UAPFE/ Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España

Durante los días 13 y 14 de noviembre de 2025 será Burgos el enclave en torno al que giren las actividades de esta XV Edición de las Jornadas del Consejo General del Poder Judicial y UAPFE/ Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España CSCAE. Se prevé la asistencia de en torno a 300 profesionales: arquitectas/os, magistradas/os y abogadas/os de toda España, Decanas/os de los Colegios de Arquitectos, Magistradas/os del Tribunal Supremo, de otras instancias judiciales y del poder judicial. En esta ocasión, la Jornada ya ha sido aprobada por la Comisión del Servicio de Formación Continua de CGPJ, dentro del Plan Estatal de formación continua de jueces. read more…

Escola de Opositores COAG – Enquisa Interese

Escola de Opositores COAG – Enquisa Interese

Escola de Opositores COAG – Curso 2025 – 2026

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia está a preparar a posta en marcha dunha Escola de Opositores, un programa formativo exclusivo para colexiados, pensado para aquelas persoas que desexen preparar oposicións no ámbito da arquitectura e da función pública. Trátase dunha iniciativa estruturada e rigorosa, orientada a proporcionar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para afrontar con garantías os distintos procesos selectivos.

A posta en marcha desta Escola dependerá, en última instancia, de que exista unha demanda suficiente entre os colexiados que permita facela viable. Para poder estimar esta demanda, poñemos ao voso dispor esta enquisa, que che pedimos que cubras no caso de que esteas interesado en participar nesta iniciativa nas condicións que expoñemos a continuación. Así, a formación da Escola de Opositores estará condicionada ao interese detectado a través de esta enquisa. A data límite para trasladarnos o teu interese é o próximo luns, día 15 de setembro.

O proxecto da Escola de Opositores COAG nace cun dobre propósito que cobra especial importancia no contexto actual, no que desde a Administración estanse a facer importantes esforzos na posta en marcha de medidas encamiñadas a axilizar e mellorar a tramitación administrativa dos diferentes procedementos relacionados co urbanismo e a edificación. Así,

  • Búscase apoiar aos colexiados que queren incorporarse á función pública, tanto na Administración local como na autonómica.
  • Búscase, ademais, apoiar ás Administracións para que poidan finalizar con éxito os procesos de contratación de persoal, contando con profesionais coa formación e perfil óptimo para as funcións que van desempeñar. 

A Escola de Opositores COAG estará coordinada por catro profesores, especialistas nas diferentes materias. Dous deles serán arquitectos e os outros dous serán xurídicos.

Desde a escola, os profesores encargaranse de elaborar un temario propio, que se poñerá ao dispor dos alumnos de maneira gradual, a medida que se vaia avanzando nos contidos.

Sobre os contidos proporcionados, levarase a cabo un control e seguimento personalizado, presencial e con periodicidade semanal, mediante exercicios ben orais, ben escritos e casos prácticos para a súa resolución polos alumnos, que garantan que os alumnos conseguiron o nivel óptimo en cada un dos temas propostos.

Traballarase en grupos reducidos, cun profesor responsable de cada grupo e cun máximo de 6 alumnos por grupo.

O período lectivo desta primeira etapa da Escola de Opositores COAG desenvolverase entre novembro de 2025 e xullo de 2026. 

Esta escola exponse con vocación de continuidade, de maneira que cada ano póidase apoiar a unha nova xeración de colexiados na preparación das probas de acceso á administración.

Ademais dos obxectivos inicialmente expostos, estamos convencidos de que é unha ferramenta moi valiosa para xerar sinerxias e sobre a que apoiar proxectos de colaboración e coordinación de criterios tan demandados e necesarios para dar axilidade e seguridade xurídica aos procedementos.

Modalidade e localización

  • Presencial. Na sede do COAG en Santiago de Compostela.
  • Sesións dous días á semana pola tarde, cunha duración de 3 horas por sesión (previsión de luns e martes pola tarde, pendente de confirmar).

Calendario

  • De novembro a xullo (datas exactas por confirmar)

Prezos

  • Matrícula inicial:
    • 800 € para colexiados/as subscritos/as á formación
    • 1100 € para colexiados/as non subscritos/as
  • Cota mensual:
    • 200 € para colexiados/as

No caso de que esteas interesado en matricularte na Escola de Opositores COAG 2025-2026, e queiras que te avisemos no momento no que se publique a programación e no momento no que se abra a matrícula, por favor enche o seguinte formulario. [Enquisa interese]

Cursos de Revit e Archicad nivel intermedio. Fin de Prazo de matriculación

Cursos de Revit e Archicad nivel intermedio. Fin de Prazo de matriculación

O mércores 10 de setembro, ás 23:55 h, remata o prazo para matricularse dos cursos de Revit e Archicad nivel intermedio.

Estes cursos desenvólvense en modalidade totalmente en liña.

Lembrámosvos que os colexiados matriculados no curso de iniciación de 2024 terán un desconto do 35% para a matrícula do nivel intermedio.

(*) Para optar pola modalidade “colexiado subscrito a formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matriculación. Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2024, podedes solicitalo nunha nova consulta no seguinte enlace.

Revit_nivel intermedio: [+ matriculación e programa completo do curso]

Archicad_nivel intermedio: [+ matriculación e programa completo do curso]

Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto destes cursos, podes dirixirte a nós a través de:

  • Colexiados: a través do apartado de “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, no seguinte ENLACE
  • Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.

Advertencia
A celebración dos cursos está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade dos mesmos. En caso contrario, comunicarase a cancelación dos cursos e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

#COAGconta: Eficiencia enerxética. Exemplo de cumprimento de HE0 – HE1 de vivenda pequena con CE3X y HULC

#COAGconta: Eficiencia enerxética. Exemplo de cumprimento de HE0 – HE1 de vivenda pequena con CE3X y HULC

O mércores 3 de setembro de 12:00 a 14:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale explicarannos un exemplo de cumprimento de HE0 - HE1 de vivenda pequena con CE3X y HULC. Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte  [+...