O obxectivo deste curso é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para a utilización da madeira como material estrutural e construtivo tanto para obra nova como rehabilitación. Faremos un repaso das súas propiedades físico-mecánicas e dos principais sistemas construtivos, así como dos aspectos fundamentais a ter en conta en materia de durabilidade y deseño de detalles.
Trátase dun curso introdutorio que se complementará con outro sobre construción con elementos prefabricados de madeira: armazón lixeiro e CLT, que dará comezo en outubro de 2025.
Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración suscrito polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares.
Prezos de matrícula
O curso conta coa financiación de XERA, polo que os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. O aforo é limitado.
- Matrícula ordinaria: 100 euros
- Arquitectos colexiados: 50 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 35 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 07/09/2025 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 07/09/2025 ata o domingo 14/09/2025 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
