Categoría

Últimas prazas para Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura

Últimas prazas para Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura

Quedan poucas prazas dispoñibles para os obradoiros presenciais de Ricardo Orts, titulados: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo.

Nestes obradoiros, o arquitecto e artista dixital Ricardo Orts amosará como aplicar a intelixencia artificial á creación de imaxes e vídeo. A través de exemplos e metodoloxías avanzadas, exploraremos ferramentas que se poderán incorporar ao traballo diario en arquitectura e deseño.

Este encontro dá continuidade á charla ofrecida no #COAGconta do 7 de maio. Podedes acceder á gravación no seguinte enlace:

[Gravación: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Creación de Imaxes e Vídeo].

Ademais dos descontos habituais a colexiados, e subscritos á formación ou estudantes, está previsto un desconto importante para a matrícula anticipada. O prazo de matrícula anticipada pecharase o 21 de setembro ás 23:59.

(*) Para optar pola modalidade de “colexiado/a subscrito/a á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación no 2024, podedes solicitalo facendo unha nova consulta na seguinte ligazón.

Máis información e consultas:
Para formular consultas respecto deste curso, podes dirixirche a nós a través de:

  • Colexiados/as: mediante o apartado “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, na seguinte LIGAZÓN
  • Non colexiados/as: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
Convocatoria de elecciones CSCAE // Mandato 2026-2029

Convocatoria de elecciones CSCAE // Mandato 2026-2029

El Pleno de consejero/as celebrado el jueves 11 de septiembre de 2025, ha adoptado el acuerdo de convocatoria de Elecciones CSCAE para el mandato 2026-2029, a los cargos electivos de presidencia, secretaría general, tesorería y vicepresidencias. read more…

Oferta de emprego

Oferta de emprego

Estudo de arquitectura MMO ARQUITECTOS, con sede en A Coruña selecciona arquitecto/a asalariado. Funcións: Redacción de proxectos de edificación. Requisitos: Experiencia mínima de 3 anos en estudo. Contrato: Asalariado Interesados: C.V. a ...

Resultado do sorteo dun/duns arquitectos/as interesados/as no encargo da Redacción de proxecto e dirección técnica de dúas demolicións no Concello de Nigrán

Resultado do sorteo dun/duns arquitectos/as interesados/as no encargo da Redacción de proxecto e dirección técnica de dúas demolicións no Concello de Nigrán

Tal e como se ten anunciado tivo lugar o sorteo para estes dous traballos, que se pode consultar no documento que se acompaña, segundo se indicou na Convocatoria do Concello de Nigrán. Conforme se indica na convocatoria, a selección dos candidatos para realizar as...

Gratuidade dos gastos do servizo de visado e rexistro dos traballos relacionados cos inmobles afectados polos incendios do verán de 2025

Gratuidade dos gastos do servizo de visado e rexistro dos traballos relacionados cos inmobles afectados polos incendios do verán de 2025

Tal e como se anuncia na Circular 13 2025, a Xunta de Goberno en sesión 17/2025 de 4 de setembro, acordou establecer que o COAG asumirá os gastos de visado ou rexistro dos traballos relacionados coa rehabilitación/obra nova dos inmobles afectados pola vaga de...