Presentación do libro “Eloy Maquieira. A pegada do racionalismo en Lugo”,

17 Set 2025

Temos o pracer de convidalos á presentación do libro “Eloy Maquieira. A pegada do racionalismo en Lugo”, un exhaustivo traballo que afonda na obra deste destacado arquitecto e a súa influencia na arquitectura da nosa cidade.

Este evento terá lugar o vindeiro 24 de setembro ás 19:30 horas na sede da Delegación de Lugo do COAG. A presentación correrá a cargo dos seus autores, Santiago Catalán e Ángeles Porto, acompañados polo editor da publicación, Santiago Blades.

Esta actividade enmárcase nos actos de celebración do Día Mundial da Arquitectura da nosa delegación. Ao finalizar a presentación, ofreceranse uns petiscos para promover a confraternización entre os asistentes.

Durante o evento, os interesados poderán adquirir exemplares do libro.

A entrada é libre ata completar o aforo.

Agradecemos de antemán a súa participación e esperamos contar coa súa presenza.

Compartir