Infórmase que a Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses do COAG acordou a dotación de axudas económicas para a asistencia ás XV Xornadas CGPJ-CSCAE/UAPFE, que terán lugar en Burgos os días 13 e 14 de novembro de 2025 .
Estas axudas están dirixidas aos colexiados/as do COAG que estean en plenitude dos seus dereitos na data da presente convocatoria e consistirán no abono dunha axuda para inscrición e deprazamento nas XV Xornadas.
As características desta axuda son:
– Unha cuantía máxima de 300,00 € para cada colexiado adscrito á Agrupación e de 270,00 € para os non adscritos (90,0%), cun máximo total de subvencións de 3.000,00 €.
– No caso de que as subvencións solicitadas superen o máximo de 3.000,00 € en aplicación de cuantía máxima unitaria, se prorratearán entre os solicitantes, sempre cunha cuantía do 90% para os non adscritos respecto dos adscritos.
Ao importe da axuda se lle practicará a retención do IRPF correspondente.
Para solicitar as axudas, previamente é preciso que o solicitante realice a súa inscrición para os dous días nas XV Xornadas conforme ás indicacións referidas na seguinte LIGAZÓN
Unha vez realizada e abonada dita inscrición, a solicitude da axuda económica deberá realizarse, achegando o xustificante de pago da inscrición, a través do seguinte FORMULARIO.
Unha vez recibida a solicitude, confirmarase a concesión da axuda.
Para beneficiarse da axuda concedida, é requisito indispensable acudir ás Xornadas. En caso contrario, a axuda deberá ser reintegrada.
O prazo de solicitudes finaliza ás 23,59 h. do día 30 de setembro de 2025.
