Tal e como se anuncia na Circular 13 2025, a Xunta de Goberno en sesión 17/2025 de 4 de setembro, acordou establecer que o COAG asumirá os gastos de visado ou rexistro dos traballos relacionados coa rehabilitación/obra nova dos inmobles afectados pola vaga de incendios acaecida en Galicia durante o verán de 2025.
As condicións para o acceso a este trámite excepcional son:
- Poderán solicitalo tódolos arquitectos colexiados no COAG, así como as sociedades profesionais inscritas no rexistro do COAG, que tramiten traballos profesionais no COAG, quedando excluídos:
- Os que se encontren en situación de suspensión na súa colexiación.
- Os que non se atopen en plenitude dos seus dereitos como colexiados.
- Acreditar que os traballos profesionais cumpren os seguintes requisitos:
- Acreditar que o promotor é o titular actual do inmoble afectado e que xa era con anterioridade aos incendios.
- Aportar xustificante de ter presentado e de que está en trámite a solicitude dalgunha das AXUDAS ESTABLECIDAS POLA XUNTA DE GALICIA NO DECRETO 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes pde axuda para a reparación de danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025.
INSTRUCIÓNS VISADO E REXISTRO:
En relación co devandito acordo, os colexiados que desexen acollerse ao previsto no mesmo e solicitar a gratuidade do visado ou rexistro dun expediente, deberán indicalo na comunicación de visado ou rexistro do mesmo. En canto á documentación acreditativa da solicitude da axuda, deberase remitir a través do Buzón COAG.
CONSULTAS:
As consultas ao respecto da aplicación deste acordo, deberán realizarse a través da plataforma de consultas colexial na modalidade de VISADO.
