Anúnciase o resultado positivo da impugnación das Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”, dispoñendo o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales a retroacción do procedemento ao momento anterior á aprobación dos pregos do concurso.
Como xa informamos en comunicacións anteriores, unha das nosas grandes preocupacións, como institución colexial, é a mellora da calidade das bases e condicións de acceso dos nosos colexiados/as aos concursos públicos, máxime cando se desenvolven no noso territorio. Entendemos, ademais, o valor, en termos de coñecemento, que aporta o conxunto do noso colectivo, que traballa, día a día, atendendo as distintas problemáticas vinculadas á arquitectura e ao urbanismo da cidade da Coruña e dos seus cidadáns.
Por estas razóns, e en cumprimento dos nosos deberes, o 13 de decembro de 2024 xa solicitabamos, en comparecencia ante a Comisión Especial da Fachada Marítima, que as bases futuras do concurso fosen o resultado dunha participación pública e que fosen equilibradas con respecto aos criterios de acceso para participar no mesmo. Máis adiante, o 6 de abril de 2025, e unha vez coñecido o carácter extraordinariamente limitativo do documento inicial de “Bases estratégicas para el desarrollo del Proyecto Coruña Marítima” enviamos suxerencias ao mesmo. Porén, ningunha destas suxerencias foi atendida, tal e como puido verificarse no documento definitivo de “Pliego de bases” do “Procedimiento para contratación del servicio de elaboración del Máster Plan, anexos y documentos derivados del Proyecto Coruña marítima”, publicado na Plataforma de Contratación do Estado con data 28 de maio de 2025. En consecuencia, e debido ao gran perxuízo que as condicións excluintes de participación provocaban a todos os nosos colexiados/as –ao ser desproporcionadamente restrictivas, non obxectivas e inxustificadas–, levamos á Xunta de Goberno do COAG a iniciativa de impugnar as citadas bases, cuestión que recibiu o seu apoio.
Tras estas decisións, en datas 16 e 17 de xuño de 2025, presentouse Recurso especial en materia de contratación, fronte ao Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales (TACRC), non só por parte do COAG, senón tamén por parte da ETSAC e de 12 colexiados/as de xeito individual; presentando todas elas fundamentos converxentes. Finalmente, coñecida no día de onte a resolución dictada por este tribunal, vense a confirmar o carácter desproporcionadamente restrictivo, non obxectivo e inxustificado de varias das cláusulas dos pregos de Licitación de la Autoridad Portuaria de A Coruña para la contratación del servicio de elaboración del Máster plan, anexos y documentos derivados del Proyecto Coruña marítima.
Estímanse así os fundamentos das impugnacións presentadas, contra os pregos do procedemento, convocado pola Presidencia da Autoridade Portuaria da Coruña, con respecto aos apartados I.1, I.2 e I.3 do anexo 6 do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, PCAP, dispoñendo, así mesmo, a retroacción do procedemento ao momento anterior á aprobación dos mesmos.
Destacar que a acción e o apoio conxunto entre a Delegación coruñesa do COAG, a ETSAC e os colexiados/as foi fundamental na defensa da nosa profesión, pois as impugnacións do COAG e da ETSAC foron inadmitidas polo TACRC, por falla de lexitimación no procedemento, prosperando non obstante as impugnacións dos colexiados/as, que viñan a coincidir nos mesmos argumentos e alegacións que as do COAG e a ETSAC.
Na nosa estima, ábrese a oportunidade de corrixir o contido e alcance destas bases para melloralas notablemente, tanto na definición dos seus obxectivos, como nos aspectos máis técnicos do clausulado e forma de participación. E, sendo así, lembramos algunhas das cuestións xa comentadas en anteriores comunicacións:
- Un documento de bases para a realización dunha ordenación urbanística e de usos debe ser acompañado dun conxunto documental completo e suficiente, así como coordinarse con outras ferramentas de planificación que lle teñen que servir de referencia. Por esta razón, entendemos que non resulta axeitado lanzar un concurso desta relevancia sen que toda a documentación e ferramentas necesarias para desenvolver a proposta estean listas. Entre elas, sería preciso contar co Plan Estratéxico da Autoridade Portuaria, PEAP, ao que se refiere o artigo 53 do Título III. Régimen de planificación y construcción de interés general, capítulo I. Da Ley de Puertos del Estado de la Marina Mercante, por canto este documento ten por obxecto ofrecer un análise e diagnóstico da situación actual do Porto, definir as liñas e obxectivos estratéxicos, os criterios de actuación e o plan de acción; cuestións que deberían ser consideradas polos concursantes. Sen esquecer que este Plan Estratéxico 2024-2027 deberá estar ademais actualizado; lémbrese que este plan aínda acaba de ser adxudicado e que conta cun prazo de entrega de 40 meses. Así mesmo, un documento de bases debe ofrecer a documentación suficiente para comprender e caracterizar as necesidades e actividades esenciais do Porto e dos seus actores, ás que a futura ordenación debe atender, outra das eivas significativas do documento.
- Un documento de bases para a realización dunha ordenación urbanística e de usos deste alcance debe contemplar un prazo máis axeitado; unha maior claridade nos obxectivos; dende un punto de vista cualitativo e cuantitativo; unha clarificación das prioridades; e a eliminación das vaguedades, contradicións e obxectivos contrapostos, en materias tan importantes como a mobilidade, ou a sostibilidade tanto ambiental como do modelo de cidade, entre outras cuestións. Mención especial require a ausencia de cuantificación das superficies necesarias para o desenvolvemento das actividades do Porto, incluídas as súas zonas de reserva, pero tamén a ausencia de cuantificacións económicas, a pesar de que un dos requisitos das Bases do concurso semella estar centrado na xeración de beneficio económico para a Autoridade Portuaria.
- Un documento de bases para a realización da ordenación urbanística e de usos dun elemento tan importante do patrimonio socioeconómico da cidade, e da identidade da cidade, non pode obviar o coñecemento local. Por esta razón, na nosa comparecencia do 13 de decembro de 2024, na Comisión Especial da Fachada Marítima, solicitábamos que as bases, respecto do concurso, non incluísen criterios restritivos que colocasen aos arquitectos internacionais por riba dos locais. A nosa experiencia amósanos que isto acaba derivando, ademais, en que finalmente estes arquitectos internacionais, e/ou as grandes consultoras internacionais, subcontratan despois aos arquitectos locais, que son os que verdadeiramente coñecen as problemáticas, as normativas e as claves culturais coas que é preciso traballar. Unha decisión que non podemos compartir pois o obvio nunha actuación tan delicada sería que o coñecemento sobre o Porto da cidade, e sobre a cidade, fose considerado como un valor en si mesmo, e a ter en conta como tal de forma relevante e alternativa, dentro da fase de selección previa de candidaturas e como requisito obxectivo de solvencia, atendendo precisamente ao valor que posúe, e conforme ao previsto no art. 87.1. d) da Lei de Contratos do Sector Público. Sendo así, e en base ao anterior, esta institución solicita que se opte pola modalidade de concurso con procedemento aberto.
Con respecto á resolución do TACRC, para os colexiados/as interesados en maior detalle, adxuntamos o que segue:
Con respecto ao requerimento do apartado I.1 e I.2. do Anexo 6:
“Contratos (5 referencias) de elaboración de master planes, planes directores y estudios de transformación urbana, ordenación y urbanización en núcleos de población de más de 150.000 habitantes, a escala de ciudad, en los que la empresa, o equipo de empresas, licitante haya desarrollado los aspectos que se detallan a continuación. Para obtener puntuación en este epígrafe, al menos una de las referencias presentadas deberá ser en ámbitos con usos preexistentes (ya sean industriales, empresariales, residenciales o logísticos), en entornos urbanos, (anexos o integrados en la trama urbana del núcleo de población considerado) (…)”.
O Tribunal (TACRC) indica:
Este Tribunal, si bien ha reconocido en ocasiones que la limitación o concreción de la experiencia por referencia a determinadas Administraciones Territoriales o por criterios de población puede incidir en la mejor ejecución del objeto del contrato, también ha señalado que su establecimiento exige que el órgano de contratación motive adecuadamente la relación entre la experiencia requerida y las características del objeto del contrato, así como de la necesidad pública a satisfacer, subrayando que no se restrinja injustificadamente la concurrencia.
Ni en la memoria ni en los pliegos se recoge ningún motivo que justifique esta limitación de la experiencia de la empresa a participar en esta licitación. Además, la motivación debe ser adecuada y suficiente, debiendo demostrar la especial relevancia de dicha experiencia en relación con el objeto del contrato. Asimismo, es necesario que se justifique por qué esta experiencia resulta más pertinente que aquella adquirida en núcleos de población con número de habitantes inferior a 150.000 habitantes. Adicionalmente, es imprescindible valorar la proporcionalidad de los requisitos exigidos, tanto en términos del número mínimo de servicios como de los años de experiencia requeridos, para evitar restricciones indebidas a la libre concurrencia. Lo que no consta que se haya hecho en el expediente de contratación que nos ocupa, por lo que dicho motivo de impugnación debe prosperar retrotrayendo el procedimiento al momento de la elaboración del pliego de manera que el órgano de contratación justifique en la debida forma, con los criterios antes apuntados, la exigencia de dicho requisito o, en su caso, proceda a la anulación de dicha exigencia.
Idénticos razonamientos deben traerse como respuesta a la última de las alegaciones que se hace en los recursos cuando se alzan contra la exigencia de un presupuesto mínimo en los proyectos de edificios en los que los licitadores han de acreditar experiencia.
Con respecto ao requerimento do apartado I.3 do Anexo 6:
“Contratos (2 referencias) de elaboración de proyectos de edificios de equipamientos o dotacionales con usos tipo relacionados con el objeto del proyecto Coruña Marítima (apartado 5.4, del capítulo 1 (memoria), del Pliego de Bases), de naturaleza arquitectónica, al menos a nivel de proyecto básico, con un presupuesto de obras base de licitación (excluido IVA e impuestos indirectos equivalentes), mínimo 100 M€ en los que la empresa, o equipo de empresas, licitante para la realización de los trabajos haya desarrollado los aspectos que se detallan a continuación”.
O Tribunal (TACRC) indica:
Pues bien, ninguna justificación encontramos en el expediente de contratación de tal exigencia ni en cuanto a su vinculación con la mejor ejecución del contrato ni respecto a su necesidad, especialmente si tenemos en cuenta que la solvencia económica exigida consiste en el “volumen anual de negocios, referido al mejor ejercicio dentro de los tres últimos disponibles en función de las fechas de constitución o de inicio de actividades del empresario y de presentación de las ofertas, por importe de al menos el Presupuesto Base de Licitación del contrato” ( apartado 6.2) , siendo el presupuesto base de licitación de 2.615.000 euros.
Por lo que, debe, con estimación del recurso y retroacción de actuaciones, o bien justificarse debidamente la exigencia del importe fijado para el presupuesto base de licitación para los proyectos señalados en la cláusula en cuestión, con las orientaciones y consecuencias que hemos señalado para el apartado I.1 del Anexo 6 del PCAP, o anularse dicho apartado del PCAP.
E finalmente, como membros da Xunta Directiva da Delegación da Coruña, queremos, ademais de manifestarte todo o noso aprecio e consideración, animarte a participar de forma activa na vida colexial, a trasladar as túas preocupacións e/ou suxestións, e a asistir ás actividades do COAG, e, moi especialmente, ás organizadas pola nosa Delegación.
Co desexo de poder contar co teu valor persoal e profesional, e de saudarte persoalmente en calquera dos actos da Delegación e/ou cando a ocasión o permita, recibe un ben cordial e ben fraternal saúdo,
Ruth Varela e Emilio Rodríguez Blanco,
Presidenta e Secretario da Xunta Directiva da Delegación de A Coruña do COAG.
presidenta.coruna@coag.es
secretario.coruna@coag.es
