Categoría

Concello de Castroverde – Unha praza de Arquitecto/a

Corpo facultativo superior de Inspección Urbanística da Xunta de Galicia

No DOG de 5 de xuño, publícase a RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidades técnica e xurídica. read more…

Encontro Bienal de Nova Arquitectura no Campus Tecnolóxico de Cortizo. Inscrición

Encontro Bienal de Nova Arquitectura no Campus Tecnolóxico de Cortizo. Inscrición

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), no seu compromiso co talento emerxente, organiza en colaboración con Cortizo a primeira Bienal de Nova Arquitectura como espazo de encontro para dar voz á nova xeración de profesionais. Esta iniciativa busca o intercambio de coñecemento e consolidar unha alianza estratéxica entre a arquitectura nova e a vangarda industrial do país.

A xornada, que acontecerá este venres, 12 de xuño, no Campus Tecnolóxico de Cortizo (Padrón), porá o seu foco nas conversas e o networking entre os diferentes profesionais, con mesas de debate e presentacións de persoas relevantes nesta nova xeración de arquitectos e arquitectas.

UNHA XORNADA DE CONVERSAS, PRESENTACIÓNS E NETWORKING

10:00 Apertura da xornada

10:15 Nova arquitectura ibérica.

Presenta Daniel Magide e participan Atelier Local, Bartlebooth, ELEarkitektura e Pedro Pitarch.

11:30 Mesas de debate paralelas nas que se abre a participación aos asistentes.

 

MESA 1: Modelos de xestión en estudos emerxentes: economía, obra e relación co cliente. Modera o debate Helena Gomollón e participan Pablo Midón, NULA.STUDIO e Flu-or Arquitectura.

MESA 2: Fronteiras e profesión: a experiencia internacional da nova xeración. Modera o debate Vania Collazo e participan, Mónica Lamela, Vi17 arquitectura e Daniel Ovalle Costal.

MESA 3: As novas xeracións na toma de decisións: perspectivas e desafíos. Modera o debate Teresa Sánchez Táboas e participan Iago Lestegás, Arturo G. Agüera e Patricia Silva Ojea.

MESA 4: Construción industrializada e oficios: retos e oportunidades. Modera o debate Alejandro Tarrío e participan Eló, Piano Piano e Amodo Estudio.

 

12:30 Café

13:00 Nova arquitectura Galega

Presentacións moderadas por Xiao Pujol nas que participan os seleccionados do open call: 4040.10, Abraham Castro, Alejandro Mosquera, ARQXÉ, Barboza Blanco Office, Estefanía Grandal, Martín Álvarez, Paula Franjo Calvo, SahuquillodeArriba, Zaida García Requejo.

15:00 Xantar de despedida

 

A xornada, aberta a todas as persoas, conta con traslado en autobús (50 prazas) dende a intermodal de Santiago de Compostela ata o Campus Tecnolóxico de Cortizo. As prazas son limitadas en orde de inscrición.

[Formulario de inscrición]

Charlas de ciberseguridade dirixidas aos colexiados/as do COAG

Charlas de ciberseguridade dirixidas aos colexiados/as do COAG

O portal ciberseguridadegalicia.gal, dependente da Xunta de Galicia, impartirá dúas das charlas en liña dirixidas aos arquitectos colexiados do COAG sobre ciberseguridade e Intelixencia artificial que se celebrarán os días 16 e 19 de xuño. Cremos que, polo seu contido e enfoque, estas xornadas poden ser de interese para os estudos de arquitectura. A inscripción é de balde (require inscrición previa): read more…

Foro Vivenda Ribeira Sacra

Foro Vivenda Ribeira Sacra

As Delegacións de Lugo e Ourense do COAG colaboran na difusión do Foro Vivenda Ribeira Sacra, unha iniciativa promovida por Ribeira Sacra Next que terá lugar o vindeiro 19 de xuño de 2026 no Parador de Monforte de Lemos.

O encontro reunirá representantes institucionais, profesionais, axentes económicos e empresariais e persoas expertas para analizar os retos e oportunidades da vivenda na Ribeira Sacra, así como para compartir propostas e experiencias que contribúan ao desenvolvemento futuro do territorio. read more…

O espazo de lectura A de Arquitectas chega a Galicia con ‘Sancti Spiritus’, de Ana Amado

O espazo de lectura A de Arquitectas chega a Galicia con ‘Sancti Spiritus’, de Ana Amado

O espazo de lectura A de arquitectas chega a Galicia con ‘Sancti Spiritus’, da arquitecta e fotógrafa Ana Amado. O COAG acollerá o vindeiro 18 de xuño, ás 17:00 horas, no Náutico de San Vicente do Mar, unha nova sesión deste ciclo impulsado polo CSCAE que percorre as bibliotecas e delegacións dos distintos Colexios de Arquitectos del territorio nacional.

A iniciativa nace co obxectivo de recuperar, visibilizar e recoñecer a influencia das mulleres na arquitectura a partir da lectura e o diálogo arredor de libros escritos ou editados por arquitectas, ou centrados na obra de mulleres arquitectas. O ciclo continúa a súa andaina mensual visitando diferentes sedes colexiais da xeografía española para fomentar o debate colectivo.

Nesta ocasión, o COAG dedicará a sesión ao libro Sancti Spiritus, de Ana Amado, unha publicación que ofrece un testemuño visual e literario único sobre la vida de clausura no Mosteiro de Sancti Spiritus, en Toro (Zamora). A obra, enriquecida cun relato inédito da escritora Lara Moreno, desvela a beleza do oculto e explora o misterio dun espazo habitualmente vedado ao exterior.

ARQUITECTURA, VIDA ÍNTIMA E ESPAZOS INVISIBLES

Sancti Spiritus propón unha mirada íntima á relación directa entre a arquitectura conventual e a vida silenciosa que esta alberga, pero que tamén oculta. A través das sías imaxes, Amado plasma a súa convivencia cunha comunidade de monxas dominicas de clausura, mulleres a miúdo invisibles para a sociedade actual. A publicación convértese así nun suxestivo diálogo entre a permanencia dos muros de pedra e a extraordinaria cotidianidade das súas moradoras.

A sesión permitirá abrir unha conversa sobre como o deseño e os límites do espazo físico condicionan a experiencia vital, o valor do silencio, o amparo que proporciona a arquitectura e o papel das mulleres na construción de realidades cotidianas dentro de contornos de retiro.

INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE

Actividade: Espazo de lectura A de Arquitectas

Libro: Sancti Spiritus

Autora: Ana Amado (fotografía) e Lara Moreno (relato literario)

Data e hora: 18 de xuño – 17:00 horas

Lugar: Náutico de San Vicente do Mar (O Grove, Pontevedra)

Organiza: COAG, no marco do ciclo impulsado polo CSCAE

Benvida e introdución: María Pierres, Secretaria do COAG e responsable da Comisión de Xénero do COAG

Modera e presenta: Laura Pato, arquitecta e xestora da conta de Instagram “le_petit_patito”

Invitada: Ana Amado, arquitecta e fotógrafa

 

SOBRE A AUTORA: ANA AMADO

Ana Amado é arquitecta, fotógrafa e docente. A súa traxectoria profesional e artística móvese na confluencia entre a arquitectura e a imaxe, explorando como as estruturas construídas dialogan co comportamento social, a memoria e as comunidades que as habitan. A través da fotografía documental, desenvolveu proxectos de gran calado social e humanista, visibilizando realidades periféricas e a pegada das mulleres en espazos tradicionalmente pechados ou ignorados.

 

A sesión poderá seguirse de forma presencial e tamén a través da súa retransmisión en directo (streaming) na seguinte ligazón:

[Ligazón de conexión en directo – Streaming]

Foro Vivenda Ribeira Sacra

Foro Vivenda Ribeira Sacra

As Delegacións de Lugo e Ourense do COAG colaboran na difusión do Foro Vivenda Ribeira Sacra, unha iniciativa promovida por Ribeira Sacra Next que terá lugar o vindeiro 19 de xuño de 2026 no Parador de Monforte de Lemos. O encontro reunirá representantes...

Celebración de la gala de los Premios ARQUITECTURA!

Celebración de la gala de los Premios ARQUITECTURA!

Hoy martes 9 de junio, no te pierdas la Gala de los #PremiosARQUITECTURA 2026 en el Teatro Alcázar de Madrid! Los #PremiosARQUITECTURA están organizados por el Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE) y cuentan con el patrocinio oficial de...