Xornada “As Avaliacións de Impacto Patrimonial como ferramenta chave na xestión do patrimonio cultural”

9 xuñ 2026

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, impulsa esta xornada no marco do seu compromiso coa mellora das políticas públicas de protección, xestión e valorización do patrimonio cultural galego, situando Galicia na vangarda da incorporación de ferramentas avanzadas como as Avaliacións de Impacto Patrimonial (AIP).

Nun contexto de crecente complexidade na planificación territorial e nas intervencións sobre o patrimonio, as Avaliacións de Impacto Patrimonial consolídanse como un instrumento clave para anticipar impactos, mellorar a toma de decisións e garantir a compatibilidade entre conservación e desenvolvemento.

Aliñadas coas recomendacións de organismos internacionais como UNESCO, ICOMOS e ICCROM, estes estudos permiten avaliar de maneira rigorosa os efectos das actuacións sobre os valores patrimoniais, especialmente en contornos sensibles.

Esta xornada ten como obxectivo fortalecer as capacidades técnicas e compartir coñecemento aplicado a través de expertos de referencia internacional, contribuíndo a unha xestión patrimonial máis rigorosa, preventiva e sostible.

PÚBLICO DESTINATARIO

O seminario está dirixido a profesionais do ámbito público e privado vinculados á xestión do patrimonio cultural e á planificación territorial, incluíndo persoal técnico da Administración autonómica, deputacións e concellos, así como arquitectos, arqueólogos, xestores culturais e especialistas na elaboración de estudos, plans e proxectos.

Resulta de especial interese para aqueles perfís implicados na elaboración, supervisión e contratación de Estudos de Impacto Patrimonial, así como na súa integración nos procedementos administrativos e na toma de decisións públicas.

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

PROGRAMA

9:30 h. Inauguración
Ángel Miramontes Carballada
Director Xeral de Patrimonio Cultural

Os Estudos de Impacto Patrimonial: marco conceptual e normativo

9:35 – 10:15 h. José María Lanzarote
Subdirección General de Gestión y Coordinación de los Bienes Culturales, Ministerio de Cultura
“Marco normativo e recomendacións internacionais para a elaboración de Estudos de Impacto Patrimonial”

10:15 – 11:00 h. Víctor Fernández Salinas
Catedrático de Xeografía Humana na Universidade de Sevilla
“Os Estudos de Impacto Patrimonial (EIP): concepto, función e alcance”

11:00 – 11:45 h José Antonio Padrón Conde
Arquitecto. Membro de ICOMOS. Coordinador da CAPI
“Contido e definicións básicas para a redacción e desenvolvemento das Avaliacións de Estudos Patrimoniais”

11:45 – 12:00 h. Pausa

Casos de boas prácticas:
exemplos de Estudos de Impacto Patrimonial

12:00 – 13:00 h. María Pilar García Cuetos
Catedrática de Historia da Arte na Universidade de Oviedo

13:00: – 14:00 h. Alfredo Conti
Consultor internacional
Preguntas, debate e peche da xornada

Compartir