No DOG de 5 de xuño, publícase a RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidades técnica e xurídica.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
