O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), no seu compromiso co talento emerxente, organiza en colaboración con Cortizo a primeira Bienal de Nova Arquitectura como espazo de encontro para dar voz á nova xeración de profesionais. Esta iniciativa busca o intercambio de coñecemento e consolidar unha alianza estratéxica entre a arquitectura nova e a vangarda industrial do país.
A xornada, que acontecerá este venres, 12 de xuño, no Campus Tecnolóxico de Cortizo (Padrón), porá o seu foco nas conversas e o networking entre os diferentes profesionais, con mesas de debate e presentacións de persoas relevantes nesta nova xeración de arquitectos e arquitectas.
UNHA XORNADA DE CONVERSAS, PRESENTACIÓNS E NETWORKING
10:00 Apertura da xornada
10:15 Nova arquitectura ibérica.
Presenta Daniel Magide e participan Atelier Local, Bartlebooth, ELEarkitektura e Pedro Pitarch.
11:30 Mesas de debate paralelas nas que se abre a participación aos asistentes.
MESA 1: Modelos de xestión en estudos emerxentes: economía, obra e relación co cliente. Modera o debate Helena Gomollón e participan Pablo Midón, NULA.STUDIO e Flu-or Arquitectura.
MESA 2: Fronteiras e profesión: a experiencia internacional da nova xeración. Modera o debate Vania Collazo e participan, Mónica Lamela, Vi17 arquitectura e Daniel Ovalle Costal.
MESA 3: As novas xeracións na toma de decisións: perspectivas e desafíos. Modera o debate Teresa Sánchez Táboas e participan Iago Lestegás, Arturo G. Agüera e Patricia Silva Ojea.
MESA 4: Construción industrializada e oficios: retos e oportunidades. Modera o debate Alejandro Tarrío e participan Eló, Piano Piano e Amodo Estudio.
12:30 Café
13:00 Nova arquitectura Galega
Presentacións moderadas por Xiao Pujol nas que participan os seleccionados do open call: 4040.10, Abraham Castro, Alejandro Mosquera, ARQXÉ, Barboza Blanco Office, Estefanía Grandal, Martín Álvarez, Paula Franjo Calvo, SahuquillodeArriba, Zaida García Requejo.
15:00 Xantar de despedida
A xornada, aberta a todas as persoas, conta con traslado en autobús (50 prazas) dende a intermodal de Santiago de Compostela ata o Campus Tecnolóxico de Cortizo. As prazas son limitadas en orde de inscrición.
