Categoría

Últimos días para presentarse ao Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2026 na categoría “Patrimonio construído e a súa contorna”

Últimos días para presentarse ao Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2026 na categoría “Patrimonio construído e a súa contorna”

O prazo para presentar candidaturas ao Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2026, na categoría “Patrimonio construído e a súa contorna”, finaliza o próximo venres, 3 de xullo. A convocatoria busca recoñecer proxectos de recuperación e posta en valor do patrimonio construído e a súa contorna paisaxística. read more…

Sentenza do Tribunal Supremo sobre a titulación necesaria para cambios de uso comercial a vivenda

Sentenza do Tribunal Supremo sobre a titulación necesaria para cambios de uso comercial a vivenda

A sentenza 700/2026 do Tribunal Supremo sinala que os proxectos de obras en edificios existentes que alteren a configuración arquitectónica ou cambien os usos característicos dun edificio ou local de uso comercial a uso residencial afectan as esixencias e condicións técnicas de habitabilidade, seguridade e funcionalidade da edificación. Por iso, estes proxectos considéranse intervencións que requiren a titulación de arquitecto, sen prexuízo da participación doutros técnicos no proceso construtivo, independentemente de que se afecte á totalidade do edificio, a unha parte esencial e maioritaria do mesmo, ou só a unha das súas partes.

Podes consultar a sentencia na siguiente ligazón:
STS 2611/2026 – ECLI:ES:TS:2026:2611 – Poder Xudicial

Conferencia Fuertes Penedo Arquitectos – Ciclo Próximos 2026 9 de xullo

Conferencia Fuertes Penedo Arquitectos – Ciclo Próximos 2026 9 de xullo

Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar o segundo relatorio do ciclo Próximos 2026, que terá lugar o vindeiro xoves 9 de xullo. Este ciclo, que celebra a súa VI edición, pretende dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve. read more…

Dispoñible a gravación do Espazo de Lectura A de Arquitectas – Cuarta sesión: Sancti Spiritus

Dispoñible a gravación do Espazo de Lectura A de Arquitectas – Cuarta sesión: Sancti Spiritus

Está dispoñible en CanalCOAG a gravación do espazo de lectura A de arquitectas, que chega a Galicia con ‘Sancti Spiritus’, da arquitecta e fotógrafa Ana Amado. O COAG acolleu o 18 de xuño no Náutico de San Vicente do Mar, unha nova sesión deste ciclo impulsado polo CSCAE que percorre as bibliotecas e delegacións dos distintos Colexios de Arquitectos do territorio nacional. read more…

Celestino García Braña premiado pola Unión Profesional de Galicia

Celestino García Braña premiado pola Unión Profesional de Galicia

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebra o galardón concedido ao arquitecto e colexiado Celestino García Braña nos ‘Premios á Excelencia e Compromiso Profesional 2026’ da Unión Profesional de Galicia (UPDG). Estas distincións foron entregadas o pasado sábado nun acto celebrado no Hotel OCA Puerta del Camino en Santiago ao que asistiron o decano do COAG, Luciano Alfaya; a secretaria da entidade, María Pierres; e o presidente da Delegación de Pontevedra do Colexio, Anselmo Villanueva.

A Xunta de Goberno do Colexio de Arquitectos de Galicia, que propuxo esta candidatura, agradece a Celestino García Braña, colexiado en Pontevedra (número 117) desde 1972, a súa dedicación á profesión, tanto na práctica profesional como no seu labor colexial. “É unha das figuras máis influentes e respectadas do panorama da arquitectura, o urbanismo e a conservación do patrimonio cultural en Galicia e no conxunto do Estado, destacando tanto pola súa obra como polo seu liderado institucional”, apuntan desde o COAG.

Celestino García Braña (Mieres, Asturias. 1945) é Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM), e docente e investigador na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC). Aínda que asturiano de nacemento, reside en Pontevedra, desenvolvendo a totalidade da súa prestixiosa traxectoria profesional, docente e institucional en Galicia.

Foi presidente da Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia desde 1984 a 1986 e decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) desde 2005 a 2011, período no que impulsou a modernización da institución e a defensa da calidade arquitectónica no territorio. Recibiu a Medalla de Ouro do COAG en recoñecemento ao seu labor. Ademais foi vicepresidente do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE), institución na que exerceu a máxima representación da arquitectura galega a nivel estatal.

Tamén foi profesor de Historia da Arte e da Arquitectura no departamento de Composición Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, onde formou a varias xeracións de profesionais. En 2005 foi nomeado membro de número da Real Academia Galega de Belas Artes da que actualmente é vicepresidente e unha das voces máis autorizadas na protección da paisaxe e a arte galegas. Desde 1993 forma parte do comité de rexistros da Fundación DOCOMOMO Ibérico, dedicada ao estudo e conservación da Arquitectura do Movemento Moderno, da que foi presidente.

O COAG sinala que García Braña destaca pola súa visión integral da arquitectura, onde o proxecto contemporáneo se entende como un diálogo continuo coa historia, a cultura e o territorio. Desde a entidade, aseguran que a súa figura combina o rigor técnico do construtor, o liderado institucional desde o COAG e a Real Academia de Belas Artes, e un profundo humanismo que o converte “nun referente imprescindible para entender o urbanismo e a protección do patrimonio en Galicia”.

UDC_Nova edición Mestrado formación permanente en BIM

UDC_Nova edición Mestrado formación permanente en BIM

A Universidade da Coruña organiza unha nova edición do Mestrado en formación permanente en BIM destinado a Arquitectos que desexan adquirir as competencias necesarias para dominar a metodoloxía BIM (BUILDING INFORMATION MODELING) no entorno real da edificación.
O COAG asinou un convenio de colaboración polo cal todos as persoas colexiadas interesadas en matricular, dispoñen dun 10% de desconto sobre o prezo ordinario da matrícula.
Preinscripción:  finaliza o 10 de xullo de 2026 
Matrícula:   20 ao 24 de xullo de 2026
Conferencia do arquitecto chino ZHANG PENGJU

Conferencia do arquitecto chino ZHANG PENGJU

O martes 30 de xuño, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Arquitectura enraizada na terra: construír desde o lugar, que será impartida por unha das figuras máis relevantes da arquitectura asiática contemporánea, o arquitecto chino Pengju Zhang, Medalla de Ouro do Consello Rexional de Arquitectos de Asia (ARCASIA) e Premio Aga Khan de Arquitectura. A conferencia será impartida en chino e contará con tradución simultánea.

Síntese

En resposta aos climas áridos e xélidos, á diversidade de relevos e aos profundos legados culturais da estepa euroasiática, o arquitecto e académico Pengju Zhang desenvolve unha filosofía de deseño rexional visionaria e un marco teórico que conceptualiza co nome de «arquitectura enraizada»,.

A conferencia versará sobre unha mostra destacada dos máis de 200 proxectos de arquitectura do profesor Zhang, na que haberá exemplos emblemáticos como o Museo da antiga cidade de Shengle, en Mongolia Interior; o Museo do Xeoparque Nacional de Laoniuwan, en Hohhot; a Galería de escultura de Hohhot; e o «Espacio Hui» do Centro comunitario da aldea de Wusutu Oeste, construído integramente con ladrillos locais recuperados.

Currículo

Arquitecto orixinario (1963) da cidade de Zhangjiakou, provincia de Hebei, e Catedrático de universidade.

Con profundas raíces en Mongolia Interior desde hai décadas, o profesor Zhang ten dedicado a súa carreira ao ensino, á investigación científica e á práctica da arquitectura rexional. Ten impulsado de forma significativa as filosofías, metodoloxías e enfoques prácticos da arquitectura rexional china. En particular, foi pioneiro do marco teórico da “simplicidade na construción” (Pingshi Jianzao) para a construción adaptada ao contexto local e estableceu o marco conceptual para os asentamentos humanos na estepa.

Ademais, a través do seu labor transfronteirizo, ten fomentado profundamente os intercambios culturais e académicos con países da estepa euroasiática.

Ten recibido numerosos premios nacionais e internacionais, incluíndo a Medalla de Ouro do Consello Rexional de Arquitectos de Asia (ARCASIA) e o prestixioso Premio Aga Khan de Arquitectura –o premio máis importante de Asia– polo Centro Comunitario da aldea de Wusutu Oeste, construído integramente con ladrillos locais.

Ao mesmo tempo, ocupa varios cargos de liderado de gran prestixio, entre os que se atopan o de Director do Comité de Arquitectura Neorrexional Occidental da Sociedade de Arquitectos de China, ou o de Director do Laboratorio Conxunto Internacional de Ciencias dos Asentamentos Humanos na Estepa Euroasiática.

Sobre o seu traballo pode atoparse máis información en inglés en: 

<https://www.architectura.nl/architecture/genuine-construction-zhang-pengju-s-new-regionalism-in-inner-mongolia.html> 

<https://www.metalocus.es/en/author/inner-mongolian-grand-architecture-design-co-ltd#bio>

<https://www.german-design-council.de/en/design-perspectives/article-detail/from-inner-mongolia-to-the-world>

DATA

Martes 30 de xuño de 2026– 19:00 horas

LUGAR

COAG A Coruña

Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

ORGANIZAN

Unidade de investigación Paisaxe, Arquitectura e Cidade, pARQc, da ETSAC, UDC

Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

COLABORA

Asociación cultural Flor de Santiago

Conferencia Lopez Rivera – Ciclo Próximos 2026 2 de xullo

Conferencia Lopez Rivera – Ciclo Próximos 2026 2 de xullo

Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar que o xoves 2 de xullo terá lugar a primeira das conferencias do ciclo Próximos 2026, a través do cal se quere dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.

Este primeiro relatorio terá como protagonista o estudo López Rivera Arquitectos que nos falarán da súa obra recente, que abarca dende proxectos de obra pública ata encargos privados.

PONENTE

López Rivera Arquitectos é un estudo fundado en Barcelona no ano 2001 polos arquitectos Emiliano López e Mónica Rivera. Dende a súa creación, o estudo céntrase na obra pública a través de concursos, xunto cunha selección de encargos privados.

Con máis de dúas décadas de experiencia, o seu traballo dedícase a unha arquitectura coidadosamente elaborada que entende a disciplina como unha actividade cultural profundamente comprometía coa súa contorna. Compaxina o exercicio profesional coa docencia, o cal permitiu consolidar un estudo que se move entre a práctica e a investigación académica. 

Na actualidade Mónica é profesora titular na cátedra Harry K. & Albert K. Smith na Rice University School of Architecture en Houston, Texas; onde ademais desenvolve o cargo de directora de estudos de posgrao. 

Pola súa banda, Emiliano foi recentemente nomeado Eugene McDermott Centennial Visiting Professor na Escola de Arquitectura da Universidade de Texas en Austin.

INSCRICIÓN

Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

DATA:

Xoves 2 de xullo de 2026

HORARIO:

19:00 a 20:30 horas

LUGAR:

Sede Afundación.

Rúa do Vilar, 19 , Santiago de Compostela.

PATROCINADORES:

Agradecemos o apoio e compromiso mostrado por cada unha das empresas que colaboran con este ciclo:

  • GRUPO RODIÑAS
  • FINSA
  • TEJAS VEREA
  • ALUMAN
  • PAUDEPEDRA