O martes 30 de xuño, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Arquitectura enraizada na terra: construír desde o lugar, que será impartida por unha das figuras máis relevantes da arquitectura asiática contemporánea, o arquitecto chino Pengju Zhang, Medalla de Ouro do Consello Rexional de Arquitectos de Asia (ARCASIA) e Premio Aga Khan de Arquitectura. A conferencia será impartida en chino e contará con tradución simultánea.
Síntese
En resposta aos climas áridos e xélidos, á diversidade de relevos e aos profundos legados culturais da estepa euroasiática, o arquitecto e académico Pengju Zhang desenvolve unha filosofía de deseño rexional visionaria e un marco teórico que conceptualiza co nome de «arquitectura enraizada»,.
A conferencia versará sobre unha mostra destacada dos máis de 200 proxectos de arquitectura do profesor Zhang, na que haberá exemplos emblemáticos como o Museo da antiga cidade de Shengle, en Mongolia Interior; o Museo do Xeoparque Nacional de Laoniuwan, en Hohhot; a Galería de escultura de Hohhot; e o «Espacio Hui» do Centro comunitario da aldea de Wusutu Oeste, construído integramente con ladrillos locais recuperados.
Currículo
Arquitecto orixinario (1963) da cidade de Zhangjiakou, provincia de Hebei, e Catedrático de universidade.
Con profundas raíces en Mongolia Interior desde hai décadas, o profesor Zhang ten dedicado a súa carreira ao ensino, á investigación científica e á práctica da arquitectura rexional. Ten impulsado de forma significativa as filosofías, metodoloxías e enfoques prácticos da arquitectura rexional china. En particular, foi pioneiro do marco teórico da “simplicidade na construción” (Pingshi Jianzao) para a construción adaptada ao contexto local e estableceu o marco conceptual para os asentamentos humanos na estepa.
Ademais, a través do seu labor transfronteirizo, ten fomentado profundamente os intercambios culturais e académicos con países da estepa euroasiática.
Ten recibido numerosos premios nacionais e internacionais, incluíndo a Medalla de Ouro do Consello Rexional de Arquitectos de Asia (ARCASIA) e o prestixioso Premio Aga Khan de Arquitectura –o premio máis importante de Asia– polo Centro Comunitario da aldea de Wusutu Oeste, construído integramente con ladrillos locais.
Ao mesmo tempo, ocupa varios cargos de liderado de gran prestixio, entre os que se atopan o de Director do Comité de Arquitectura Neorrexional Occidental da Sociedade de Arquitectos de China, ou o de Director do Laboratorio Conxunto Internacional de Ciencias dos Asentamentos Humanos na Estepa Euroasiática.

Sobre o seu traballo pode atoparse máis información en inglés en:
<https://www.metalocus.es/en/author/inner-mongolian-grand-architecture-design-co-ltd#bio>
DATA
Martes 30 de xuño de 2026– 19:00 horas
LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
ORGANIZAN
Unidade de investigación Paisaxe, Arquitectura e Cidade, pARQc, da ETSAC, UDC
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
COLABORA
Asociación cultural Flor de Santiago
