Conferencia Fuertes Penedo Arquitectos – Ciclo Próximos 2026 9 de xullo

29 xuñ 2026

Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar o segundo relatorio do ciclo Próximos 2026, que terá lugar o vindeiro xoves 9 de xullo. Este ciclo, que celebra a súa VI edición, pretende dar a coñecer traballos arquitectónicos próximos á nosa delegación, ben polo emprazamento das obras, estudos ou ben polo contexto que os envolve.

Nesta ocasión, os protagonistas serán o estudo Fuertes Penedo Arquitectos, quen nos falarán da súa forma de entender a intervención sobre o territorio, a través dunha selección da súa obra: Ler o lugar, recoñecer a súa memoria, traballar co existente e transformar sen borrar. Unha arquitectura que parte do contexto e busca activar novas miradas sobre espazos cargados de historia, oficio e vida colectiva.

PONENTE

Fuertes Penedo Arquitectos, fundado en Galicia en 2015 por Óscar Fuertes Dopico e Iago Fernández Penedo, é un estudo que integra práctica profesional, investigación e docencia, cunha especialización na rehabilitación arquitectónica e na recuperación do patrimonio marítimo galego.

O seu traballo apóiase na análise do contexto e da memoria construída como base para xerar novas narrativas espaciais contemporáneas. Entre as súas obras máis representativas destacan a rehabilitación do Estaleiro Tradicional Ciprián e das Carpinterías de Ribeira da Seara.

O estudo foi recoñecido con diversos premios, entre eles o Premio Hispalyt de Tella (2021–2023), a XV e XVI Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, Young European Architects na Bienal de Venecia (2020) e os XIX Premios COAG. Así mesmo, resultou finalista en certames nacionais e internacionais como o Pavillón Español da XIX Bienal de Venecia (2025), a XIII Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo e os Premios FAD 2019.

INSCRICIÓN

Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

DATA:

Xoves 9 de xullo de 2026

HORARIO:

19:00 a 20:30 horas

LUGAR:

Sede Afundación.

Rúa do Vilar, 19 , Santiago de Compostela.

PATROCINADORES:

Agradecemos o apoio e compromiso mostrado por cada unha das empresas que colaboran con este ciclo:

  • GRUPO RODIÑAS
  • FINSA
  • TEJAS VEREA
  • ALUMAN
  • PAUDEPEDRA

Compartir