Categoría

Visitando GDA [2023]

Visitando GDA [2023]

A Delegación de Pontevedra do COAG organiza un ciclo de visitas ás obras premiadas co premio Gran de Area 2023 dentro do ámbito da delegación. read more…

Aberto o prazo de matrícula para os Cursos de Revit e ArchiCAD_ nivel iniciación

Xornada “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos”.

Desde a área de formación e innovación do COAG está a poñerse en marcha unha planificación de accións, divulgativas e formativas, encamiñadas a facilitar a formación dos arquitectos en todas as materias relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías ao exercicio profesional. Así, ao longo dos próximos meses, poñeremos á vosa disposición unha serie de xornadas e cursos de formación a través dos que tentaremos cubrir as principais demandas nestas materias.

Nesta liña, o vindeiro luns, día 6 de maio, terá lugar a xornada en liña “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos“, que ten como finalidade presentar en detalle os cursos Revit_ nivel iniciación e ArchiCAD_ nivel iniciación, cuxa preinscrición abrimos a semana pasada, e cuxa matrícula abriremos xa nos próximos días.  Nesta xornada, os docentes que impartirán ambos os cursos mostrarán os contidos, a plataforma, os materiais  e metodoloxía a utilizar, e responderán as dúbidas e preguntas que queirades trasladar. read more…

Actualización de Utilidades COAG. Accesibilidade nos espazos públicos urbanizados

Actualización de Utilidades COAG. Accesibilidade nos espazos públicos urbanizados

Están dispoñibles, para todos aqueles colexiados con alta neste servizo, as memorias para xustificar o cumprimento das condicións básicas de accesibilidade dos espazos públicos urbanizados, actualizadas á Orde TMA/851/2021, do 1 de febreiro, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e uso dos espazos públicos urbanizados, coa súa correlación co establecido no Decreto 35/2000, de xaneiro 28, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e aplicación da lei 10/2014, de accesibilidade en Galicia, así como aquelas cuestións que afecten ao DB SUA do CTE. Descarga.

read more…

Oferta de formación por Beca FUAC

Oferta de formación por Beca FUAC

Estudo de arquitectura con sede en FERROL selecciona arquitecto/a para formación por beca FUAC Funcións: colaborar en tareas do estudio baixo supervisión. Contrato: Beca FUAC, 6 meses, prorrogables. Interesados: C.V. a  pablorios@asbuiltarquitectura.es