Últimos días de preinscrición nos Cursos de Revit y ArchiCAD_ nivel iniciación

26 Abr 2024

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia está a organizar dous cursos relacionados ca metodoloxía BIM, o Curso Revit_ nivel iniciación e o Curso ArchiCAD_ nivel iniciación. No caso de que esteas interesado en matricularche nesta edición, é importante que te suscribas no seguinte formulario, pois a decisión sobre a organización dos cursos dependerá dos resultados obtidos nesta preinscripción (se non estiveses interesado nesta edición, pedímosche que por favor non cubras o formulario):

Enlace ao formulario

A data límite para cubrir o formulario de preinscripción será o próximo domingo 28 abril, ás 23:59 h.

Unha das principais dificultades dos arquitectos á hora de formarse nestas materias é a incompatibilidade dos calendarios lectivos habituais nestes cursos co desenvolvemento da actividade profesional, xa que, ao tratarse de materias cunha marcada compoñente práctica, a adicación requerida, axustando a duración do curso ao calendario lectivo, pode resultar excesiva.
Para tentar minimizar esta dificultade, a metodoloxía destes cursos está pensada para aportar a maior flexibilidade posible ao alumno, que permite adaptar a duración e adicación aos cursos ás súas necesidades e á súa dispoñiblidade.

Así, o desenvolvemento artículase en dous períodos, un período de formación e un período de seguemento:

  • Período de formación, de 2 meses de duración, de exposición de temario, seminarios, vídeos, etc.
  • Período de seguemento, de ata 4 meses de duración, ao longo do cal o alumnado poderá continuar co seguemento en diferido das sesións do período anterior e realización de prácticas, adaptando a duración desta fase ás súas necesidades. Durante os catro meses que dura o período de seguemento, contarase cun foro atendido polos profesores e sesións de titoría e corrección de prácticas semanais.

Estes cursos terán unha duración de 75 horas e desenvólvense íntegramente online durante un período máximo 6 meses.

Imasgal colabora co COAG para o desenvolvemento destes cursos, e proporcionará as licenzas oficiais dos software correspondentes durante a duración dos mesmos. Nos seguintes enlaces pódese acceder á programación dos cursos, que poderán sufrir lixeiros axustes:

[Programa Revit] [Programa ArchiCAD]

Os importes de matrícula estableceranse en función da cantidade de alumnos interesados. Existen tres modalidades de matrícula, para os cales se establecen os seguintes rangos de prezo:

  • Matrícula ordinaria: 360- 440 euros
  • Arquitectos colexiados: 250 – 290 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 180 -240 euros

Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nós a través de:

  • Colexiados: a través do apartado de “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, no seguinte ENLACE
  • Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.

Compartir