Xornada “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos”.

30 Abr 2024

Desde a área de formación e innovación do COAG está a poñerse en marcha unha planificación de accións, divulgativas e formativas, encamiñadas a facilitar a formación dos arquitectos en todas as materias relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías ao exercicio profesional. Así, ao longo dos próximos meses, poñeremos á vosa disposición unha serie de xornadas e cursos de formación a través dos que tentaremos cubrir as principais demandas nestas materias.

Nesta liña, o vindeiro luns, día 6 de maio, terá lugar a xornada en liñaPresentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos“, que ten como finalidade presentar en detalle os cursos Revit_ nivel iniciación e ArchiCAD_ nivel iniciación, cuxa preinscrición abrimos a semana pasada, e cuxa matrícula abriremos xa nos próximos días.  Nesta xornada, os docentes que impartirán ambos os cursos mostrarán os contidos, a plataforma, os materiais  e metodoloxía a utilizar, e responderán as dúbidas e preguntas que queirades trasladar.

Aproveitaremos para expoñer as principais liñas de traballo e outras actividades programadas en relación á aplicación das novas tecnoloxías, prestando especial atención á súa aplicación para os profesionais da arquitectura.

Data:
Luns, 6 de maio, de 12:00 a 13:00

Modalidade:
En liña

Inscrición:
Para o seguimento en directo desta xornada é necesario inscribirse no seguinte ENLACE

Compartir