Categoría
Congreso 25 Anos do ProxectoTERRA- Iº Encontro Ibérico de Educación pola Arquitectura
Coa celebración dos 25 anos do ProxectoTERRA, o que pretendemos é presentar os recursos, actividades e os traballos desenvolvidos na cooperación coas distintas etapas da escolarización obrigatoria. As actividades asociadas a esta celebración estarán centradas na 1ª sesión do venres pola tarde do Encontro. acompañada dunha exposición na que se recollera unha significatova mostra dos recursos elabrados ao longo dos 25 anos do ProxetoTERRA. read more…
Concello de Tomiño – Unha praza de Arquitecto/a
No DOG de 16 de outubro, publícase o Anuncio de aprobación da oferta de emprego público do ano 2026 do Concello de Tomiño, onde figura, entre outras, unha praza de arquitecto/a, grupo A, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, por quenda libre. read more…
Concello de Chandrexa de Queixa – Unha praza de Arquitecto/a
No BOP-Ourense de 16 de outubro de 2026, publícanse as Bases e convocatoria para a selección dunha praza de arquitecto/a por concurso-oposición para a súa cobertura como funcionario/a interino/a por programas do concello de Chandrexa de Queixa. read more…
Conferencia de Antón García-Abril
O mércores 28 de outubro, ás 20:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: on-off que será impartida polo arquitecto Antón García-Abril. read more…
Fallado o Concurso de Ames
Esta semana fallouse o primeiro concurso de ideas convocado pola Consellería de Vivenda para a construción de inmobles de promoción pública, neste caso para 140 vivendas no Milladoiro (Ames). read more…
Sinatura do convenio para a renovación do ProxectoTerra
O COAG e a Xunta de Galicia asinan un convenio para dar continuidade ao ProxectoTERRA e contribuír a que a cidadanía perciba a arquitectura e o territorio coma piares básicos da cultura galega. read more…
Asesoramento á actividade profesional – Construcción con Granito
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Asociación Clúster do Granito veñen de selar un acordo marco dirixido a impulsar a prescrición innovadora e o uso sostible da pedra natural na construción. Entre outras cuestións, este acordo comprende un novo servizo aos colexiados de asesoramento especializado no eido da pedra natural.
O servizo de consultas técnicas sobre pedra natural e as súas aplicacións, será prestado polo Clúster do Granito, servíndose da Oficina Técnica da Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia, mediante a resposta a consultas de carácter xeral sobre materiais, características, normativa de produto (normas UNE-EN, marcado CE), criterios de prescrición e documentación técnica dispoñible relativa á pedra natural.
As respostas elaboraranse con dilixencia profesional, sobre a base exclusiva da información facilitada pola persoa consultante, sen visita, ensaio nin verificación in situ, e con referencia á normativa que o prestador do servizo considere aplicable na data da resposta. Non constitúen garantía de resultado nin de adecuación ao proxecto concreto.
O servizo ten carácter informativo, orientador e non vinculante. Non constitúe proxecto, cálculo, estudo, ditame, informe, validación nin certificación, en particular aos efectos do artigo 17.5 da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación, nin substitúe o labor profesional do arquitecto, ao que corresponde en exclusiva a decisión, a xustificación técnica e a adecuación das solucións ao caso concreto, así como a responsabilidade derivada do proxecto e da obra. As respostas non poderán incorporarse ao proxecto como documento xustificativo nin citarse como aval ou validación do Clúster nin da Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia.
Quedan excluídas do servizo as consultas que requiran redacción ou revisión de documentos do proxecto (memorias, pregos, planos, medicións), cálculo, ensaios, inspección de obra ou informes periciais, que poderán ser obxecto de encargo profesional específico á FCTGG, á marxe deste convenio e sen intervención do Clúster.
O apoio en materia de prescrición limitarase a criterios técnicos e de prestacións e non incluirá referencias a marcas, fabricantes ou procedencias determinadas, en coherencia co artigo 126.6 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
O Clúster responderá unicamente dos danos directos derivados de dolo ou culpa grave, con exclusión de danos indirectos e lucro cesante.
As consultas pódense facer no lugar habitual, no [panel de consultas].
Asesoramento á actividade profesional – Construcción con Pizarra
O COAG activa un novo servizo de asesoramento especializado no eido da Pizarra, que será atendido directamente polo persoal técnico da Asociación Clúster da Pizarra grazas ao convenio de colaboración asinado entre ambas as institucións.
A iniciativa nace coa motivación de perfeccionar a práctica profesional dos arquitectos galegos e mellorar a formación e información técnica dispoñible no sector da edificación. A través desta alianza, ambas entidades unen forzas para promover criterios de calidade, innovación e sustentabilidade no emprego da pizarra nos proxectos arquitectónicos, achegando tamén un maior coñecemento e difusión deste material estratéxico á sociedade galega.
O servizo funcionará como unha canle directa de apoio profesional, consistirá nun asesoramento experto e independente en pizarra, prestando asesoramento técnico directo ao proxecto mediante a resolución de consultas, o apoio a memorias e pregos, a validación orientadora de solucións construtivas e a provisión de documentación técnica e criterios normativos e ambientais.
As achegas do Clúster formúlanse con criterio técnico contrastado e aliñado coa normativa vixente, e están concibidas para apoiar e facilitar a toma de decisións do proxectista nos procesos de prescrición e xustificación técnica.
O servizo ten carácter orientador e non vinculante, non substitúe o labor profesional do arquitecto nin asume funcións de redacción de proxecto, dirección facultativa, cálculo ou control de obra, correspondendo ao proxectista a decisión final e a adecuación das solucións ao caso concreto.
As consultas pódense facer no lugar habitual, no [panel de consultas].
Interoperabilidade co Concello de Mugardos
O Concello de Mugardos vén de habilitar os formularios de presentación para recoller a interoperabilidade co COAG.
Pechakucha. Reflexións Vivenda 2026. Vigo
Con motivo do Día Mundial de la Arquitectura este xoves 22 de outubro, ás 19,00 horas, terá lugar na Sala da Delegación de Vigo (Doutor Cadaval, 5) unha conferencia en formato Pechakucha de reflexións da vivenda.
Nesta xornada participarán compañeiros de 5 estudios de arquitectura e una cooperativa de vivenda, para falarnos da súa experiencia. read more…
Dispoñible a gravación da conferencia de Nuno Melo Sousa – Ciclo Próximos 2026 – 25 de setembro
Está dispoñible en CANAL COAG a gravación da conferencia ofrecida por Nuno Melo Sousa o pasado 25 de setembro, dentro do ciclo Próximos 2026 organizado pola Delegación de Santiago. read more…
Congreso 25 Anos do ProxectoTERRA- Iº Encontro Ibérico de Educación pola Arquitectura
Coa celebración dos 25 anos do ProxectoTERRA, o que pretendemos é presentar os recursos, actividades e os traballos desenvolvidos na cooperación coas distintas etapas da escolarización obrigatoria. As actividades asociadas a esta celebración estarán centradas na 1ª...
Concello de Tomiño – Unha praza de Arquitecto/a
No DOG de 16 de outubro, publícase o Anuncio de aprobación da oferta de emprego público do ano 2026 do Concello de Tomiño, onde figura, entre outras, unha praza de arquitecto/a, grupo A, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, por quenda...
Concello de Chandrexa de Queixa – Unha praza de Arquitecto/a
No BOP-Ourense de 16 de outubro de 2026, publícanse as Bases e convocatoria para a selección dunha praza de arquitecto/a por concurso-oposición para a súa cobertura como funcionario/a interino/a por programas do concello de Chandrexa de Queixa. ENLACE AO...
Conferencia de Antón García-Abril
O mércores 28 de outubro, ás 20:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: on-off que será impartida polo arquitecto Antón García-Abril. «Antón García-Abril é fundador e director, xunto a Débora Mesa, de...
Fallado o Concurso de Ames
Esta semana fallouse o primeiro concurso de ideas convocado pola Consellería de Vivenda para a construción de inmobles de promoción pública, neste caso para 140 vivendas no Milladoiro (Ames). O concurso de ideas, foi impulsado con colaboración do Colexio de...
Sinatura do convenio para a renovación do ProxectoTerra
O COAG e a Xunta de Galicia asinan un convenio para dar continuidade ao ProxectoTERRA e contribuír a que a cidadanía perciba a arquitectura e o territorio coma piares básicos da cultura galega. Despois de 26 anos do inicio do Proxecto Terra, o COAG asinou coas...
Asesoramento á actividade profesional – Construcción con Granito
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Asociación Clúster do Granito veñen de selar un acordo marco dirixido a impulsar a prescrición innovadora e o uso sostible da pedra natural na construción. Entre outras cuestións, este acordo comprende un novo...
Asesoramento á actividade profesional – Construcción con Pizarra
O COAG activa un novo servizo de asesoramento especializado no eido da Pizarra, que será atendido directamente polo persoal técnico da Asociación Clúster da Pizarra grazas ao convenio de colaboración asinado entre ambas as institucións. A iniciativa nace coa...
Interoperabilidade co Concello de Mugardos
O Concello de Mugardos vén de habilitar os formularios de presentación para recoller a interoperabilidade co COAG. Como funciona este servizo? Basta que os arquitectos redactores autoricen a descarga e proporcionen ao promotor que solicita a licenza ou outras...
Pechakucha. Reflexións Vivenda 2026. Vigo
Con motivo do Día Mundial de la Arquitectura este xoves 22 de outubro, ás 19,00 horas, terá lugar na Sala da Delegación de Vigo (Doutor Cadaval, 5) unha conferencia en formato Pechakucha de reflexións da vivenda. Nesta xornada participarán compañeiros de 5 estudios...
Dispoñible a gravación da conferencia de Nuno Melo Sousa – Ciclo Próximos 2026 – 25 de setembro
Está dispoñible en CANAL COAG a gravación da conferencia ofrecida por Nuno Melo Sousa o pasado 25 de setembro, dentro do ciclo Próximos 2026 organizado pola Delegación de Santiago. ENLACE Á GRAVACIÓN.