Coa celebración dos 25 anos do ProxectoTERRA, o que pretendemos é presentar os recursos, actividades e os traballos desenvolvidos na cooperación coas distintas etapas da escolarización obrigatoria. As actividades asociadas a esta celebración estarán centradas na 1ª sesión do venres pola tarde do Encontro. acompañada dunha exposición na que se recollera unha significatova mostra dos recursos elabrados ao longo dos 25 anos do ProxetoTERRA.
Os contidos específicos do Iº Encontro Ibérico de Educación pola Arquitectura, desenvolveríanse na segunda xornada. O obxectivo é contribuír a xerar unha comunidade ibérica que integre as iniciativas que sobre educación pola arquitectura xa existen en España e Portugal, que permita compartir experiencias e abrir a posibilidade de colaboración nun interese esencial e compartido nas nosas sociedades en relación á vocación de servizo público que debe acompañar á calidade dos espazos que habitamos.
A terceira sesión estaría adicada a comunicacións de relatores invitados sobre temas de máxima vixencia o mundo educativo e a trasformación de espazos: os patios escolares e os novos espazos educativos para o presente. Rematará o encontro cunha mesa redonda na que poder extraer conclusións das experiencia compartidas.
Nota: Este Congreso/Encontro está recoñecido pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos como actividade de formación permanente do profesorado en Galicia (12 horas), en resolución do 29 de setembro de 2025.
Celebramos os 25 anos de ProxectoTERRA creando a primeira comunidade ibérica de educación pola arquitectura! Un encontro que conecta Galicia e Portugal dende todos os niveis con presenza de institucións e iniciativas a nivel do estado.
7, 8 e 9 de novembro de 2025 MARCO – Museo de Arte Contemporánea de Vigo
BENEFICIOS PARA O PROFESORADO:
– 12 Horas de formación recoñecidas
– Acceso a 25 anos de recursos de ProxectoTERRA
– Intercambio de experiencias con educadores galegos e portugueses
– Rede de contactos na eurorexión Galicia-Norte de Portugal
MATERIAL DISPOÑÍBEL:
A través da nosa web poderás acceder a todo os recursos elaborados oa longo de 25 anos do ProxectoTERRA. https://proxectoterra.coag.es/
DIRIXIDO A: Profesorado de todos os niveis educativos, educadores e persoas preocupadas pola calidade dos espazos e lugares que habitamos. INSCRICIÓNS ABERTAS! https://linktr.ee/ProxectoTerra2025
