Categoría
O COAG presenta un recurso de reposición en impugnación do proceso selectivo do concello de Ponteareas para a contratación laboral temporal dun/dunha Arquitecto/a para a substitución temporal da actual Arquitecta municipal, mediante o procedemento previsto no convenio colectivo do concello.
O proceso selectivo pode consultarse nos seguintes ENLACES: read more…
Axudas XERA construción en madeira. Apertura de prazo
RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G)
Convocatoria 2026:
- Próxima apertura: 30/07/2026 09:00
- Pecha o 31/08/2026 20:00
Máis información sobre cada liña:
- Liña 1.2 (código de procedemento MR502D): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de vivenda unifamiliar que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
- Liña 2.1 (código de procedemento MR502F): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de vivenda unifamiliar ou colectiva e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
- Liña 2.2 (código de procedemento MR502G): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de vivenda unifamiliar que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
Reforma da Lei da Seguridade Social relativa ás mutualidades alternativas.
O COAG valora positivamente a Lei de reforma das mutualidades aprobada no Congreso de xeito definitivo. Máis de dous anos de loita e un ano de presión para a súa tramitación parlamentaria despois, o Congreso aprobou a reforma da Lei xeral da Seguridade Social relativa ás mutualidades alternativas, despois de validar as
emendas do Senado. A Lei recolle moitas das solicitudes realizadas por colexios e asociacións de arquitectos, aínda que, lamentablemente, exclue os pasivos (persoas xubiladas). Seguiremos traballando para mellorar tamén esa situación.
O obxecto desta norma é acabar coa situación inxusta e discriminatoria dos mutualistas, como recoñeceron a maioría dos partidos políticos, e dar unha solución aos miles de profesionais da Arquitectura e doutras disciplinas, como a Avogacía. Para a maioría deles, a nova Lei propón unha pasarela ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), destinada a transferir os anos de traballo cotizados na mutualidade.
Neste proceso, o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España defendeu en todo momento a protección dos dereitos de todos e todas as profesionais cunha pasarela universal, voluntaria e xusta que evite situacións discriminatorias. Este era o núcleo da Declaración Institucional aprobada na Asemblea Xeral Ordinaria do 29 de novembro de 2024 e impulsada desde o COAG.
Unha vez aprobado, o texto fixa que o Goberno terá que desenvolver en tres meses desde a entrada en vigor da lei o regulamento que concretará os termos e condicións da transferencia de dereitos económicos acumulados e a súa fórmula de conversión en períodos cotizados ao RETA.
Quen se pode beneficiar da pasarela ao RETA:
● Arquitectos/as en activo: Profesionais que sigan exercendo e aportando ao Sistema de Previsión Privado (SPP) de HNA como alternativa ao RETA. É requisito indispensable non percibir ningunha pensión pública, nin da propia mutua (quedan exceptuadas unicamente as pensións de viuvedade).
● Cotizantes con máis de 15 anos: Inclúense tamén os profesionais en activo que sumen máis de 15 anos de cotizacións ao sistema público, o que lles garante cumprir o período mínimo de carencia esixido pola Seguridade Social para optar a unha pensión contributiva pública.
● Maiores de 52 anos ou mutualistas pre-1995: Quen teña 52 anos ou máis á data do 31 de decembro de 2026, ou quen iniciase a súa actividade antes do 10 de novembro de 1995, disporán de condicións especiais que facilitarán que cada mes en HNA se compute como un mes completo de alta no RETA para a porcentaxe aplicable á base reguladora da súa xubilación.
En calquera caso, en liña co CSCAE, advertimos da importancia de que cada colexiado/a realice unha análise pormenorizada da situación na que quedaría se decide pasar ao RETA.
Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Natalia Mora
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da intervención de Natalia Mora Priego, de Cachivache Atelier. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións diferentes, e con perfís profesionais tamén moi diversos. Un evento que pretende continuar no tempo, amosando o traballo, implicación e diversidade de tantas profesionais arquitectas e que aspira tamén a descubrir e servir de plataforma para aquelas máis novas. read more…
Ampliación do prazo_concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca
En relación coa convocatoria, publicada na Plataforma de Contratación do Estado, do Concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, mediante procedemento en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta arquitectónica para o deseño do novo edificio de equipamento cultural do Concello de Carballo, no que colabora o COAG, infórmase que o Concello convocante acordou ampliar o prazo de presentación de ofertas do Concurso de proxectos, fixando como nova data límite para a presentación das ofertas o 4 de setembro de 2026, ás 23:59 horas. Do mesmo xeito a data límite para formular dúbidas a través da Plataforma de Contratación fíxase no 28 de agosto de 2026 ás 23:59 cumprindo coa cláusula 6 das bases que rexen o procedemento.
Rexistro técnico competente CEE
A partir do xoves 23 de xullo de 2026 será obrigatorio estar acreditado como técnico competente para poder subscribir Certificados de Eficiencia Enerxética. Ese mesmo día está previsto que se habiliten, na Sede electrónica do MITERD, as ligazóns para iniciar a tramitación.
Sinalamos que:
– A medida deriva do Real Decreto 659/2025, do 22 de xullo, que modifica o Real Decreto 390/2021.
– Os arquitectos/as acceden á actividade pola vía 1, sen requisitos formativos adicionais.
– A acreditación obtense presentando unha declaración responsable ante o órgano competente da comunidade autónoma do domicilio fiscal, antes de iniciar a actividade. Habilita para exercer en todo o territorio nacional e non ten data de caducidade.
– Atención: quen teña domicilio fiscal na Comunitat Valenciana, a Comunidad de Madrid ou o País Vasco contan cun procedemento autonómico propio.
Na seguinte ligazón atoparedes tanto o rexistro como máis información: Rexistro Administrativo Centralizado de Técnicos Competentes.
Visita de inspección aos terreos do concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca
A teor da cláusula 6 das bases administrativas e técnicas para a convocatoria dun concurso de proxectos con xurado, a nivel de anteproxecto en dúas fases, para levar a cabo a construción dun novo edificio de equipamento cultural, destinado principalmente á música e artes escénicas no Concello de Carballo (provincia da Coruña e que indica): “O Concello de Carballo poderá organizar unha visita guiada ao ámbito de actuación para coñecer a problemática existente, asi como os posibles condicionantes e valores a conservar e potenciar. De celebrarse comunicarase oportunamente no perfil do contratante”.
Establécese o lugar e data desta visita:
- Lugar: rúa María Barbeito esquina con rúa Venus (Carballo)
Data e hora: xoves 23 de xullo ás 10:00 horas.
Teresa Táboas, nova vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA)
A nosa ex-Decana Teresa Taboas ven de ser nomeada Secretaria da Unión Internacional de Arquitectos (UIA). Dende o COAG queremos trasmitirlle a nosa máis sincera noraboa e desexarlle grandes éxitos nesta nova etapa.
Criterio interpretativo da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo sobre a necesidade de contemplar o deseño dos peches de parcelas nos proxectos de obras
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) remitiu unha consulta á Comisión Permanente da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo en relación á necesidade de contemplar o deseño dos peches de parcelas nos proxectos de obras en aplicación do artigo 38.4 do Plan Básico Autonómico de Galicia.
Consulta:
1. ¿A aplicación do art. 38.4. implica que todos os proxectos de obras ou edificacións, cando se actúe sobre unha parcela máis extensa que o propio edificio, deberán completarse sempre con actuacións de peche de parcela?
2. ¿A aplicación do art. 38.4 imposibilita as actuacións que pretendan parcelas sen peches ou delimitacións?
3. ¿En virtude do art. 38.4 do PBA, non serían viables as actuacións de peche de parcela en expediente municipal e proxecto independente das edificacións da parcela?
4. ¿En que medida se debe aplicar o art. 38.4 sobre actuacións, totais ou parciais, que afecten a edificacións existentes (rehabilitacións, ampliacións, reformas parciais, cambios de uso, etc.)?
A Comisión Permanente da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en sesión do trinta de xuño de dous mil vinte e seis, adoptou, entre outros, o seguinte informe, por unanimidade dos membros presentes na sesión:
CONCLUSIÓNS
1.- O artigo 38.4 do Plan Básico Autonómico de Galicia establece que o deseño dos peches e parcelas incluirase sempre nos proxectos de obra, co fin de harmonizar formalmente coas construcións e os espazos libres da parcela, así como coas características escénicas do contorno.
En consecuencia, cando o promotor prevea, de xeito simultáneo, o “deseño dos peches e parcelas” e un proxecto de obra distinta no mesmo predio, sexa por propia iniciativa ou en cumprimento das condicións urbanísticas que resulten de aplicación, este deseño deberá estar obrigatoriamente integrado nese proxecto de obra.
2.- O previsto no artigo 38.4 non implica que a actuación edificatoria deba completarse en todo caso con actuacións de peche de parcela, nin imposibilita aquelas que pretendan parcelas sen peches ou delimitacións.
Tampouco prohibe levar a cabo actuacións de peche de parcela en expediente municipal e proxecto independente da edificación, sempre que non sexan actos simultáneos e quede igualmente cumprida a harmonización formal do peches coas construcións e os espazos libres da parcela.
A dita exixencia se aplica, nos criterios de simultaneidade antes expostos, cando para o tipo de intervención sexa legalmente esixible un proxecto de obra.
3.- O artigo 38.4 do PBA inclúese no Título III. “Condicións xerais da edificación” e, en virtude do seu carácter complementario respecto do planeamento municipal, non se aplica se despraza á regulación de idéntico obxecto da normativa urbanística do planeamento municipal.
En concreto, non cabe aplicación do artigo 39.4 do PBA cando o planeamento xeral conteña a regulación das condicións particulares dos peches de parcela na norma zonal ou, en ausencia dela, a propia normativa urbanística municipal incorpore nas normas xerais da edificación condicións relativas a estes elementos.
Concello de Vigo – Unha praza de Arquitecto/a
No BOP-Pontevedra de 17 de xullo publicase as Bases de selección de persoal funcionario (OPEP 2024) do Concello de Vigo, onde figura, entre outras, unha praza de Arquitecto/a funcionario/a en quenda libre. read more…
O COAG presenta un recurso de reposición en impugnación do proceso selectivo do concello de Ponteareas para a contratación laboral temporal dun/dunha Arquitecto/a para a substitución temporal da actual Arquitecta municipal, mediante o procedemento previsto no convenio colectivo do concello.
O proceso selectivo pode consultarse nos seguintes ENLACES: https://ponteareas.sedelectronica.gal/preview-document/2fa7879b-0aa9-466a-9a27-42f32308b8fd/ https://ponteareas.sedelectronica.gal/preview-document/a7541b62-2b0b-4129-86f6-b43fe438a586/ Os principais...
Axudas XERA construción en madeira. Apertura de prazo
RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos...
Reforma da Lei da Seguridade Social relativa ás mutualidades alternativas.
O COAG valora positivamente a Lei de reforma das mutualidades aprobada no Congreso de xeito definitivo. Máis de dous anos de loita e un ano de presión para a súa tramitación parlamentaria despois, o Congreso aprobou a reforma da Lei xeral da Seguridade Social relativa...
Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Natalia Mora
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da intervención de Natalia Mora Priego, de Cachivache Atelier. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións...
Ampliación do prazo_concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca
En relación coa convocatoria, publicada na Plataforma de Contratación do Estado, do Concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, mediante procedemento en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta...
Rexistro técnico competente CEE
A partir do xoves 23 de xullo de 2026 será obrigatorio estar acreditado como técnico competente para poder subscribir Certificados de Eficiencia Enerxética. Ese mesmo día está previsto que se habiliten, na Sede electrónica do MITERD, as ligazóns para iniciar a...
Visita de inspección aos terreos do concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca
A teor da cláusula 6 das bases administrativas e técnicas para a convocatoria dun concurso de proxectos con xurado, a nivel de anteproxecto en dúas fases, para levar a cabo a construción dun novo edificio de equipamento cultural, destinado principalmente á música e...
Teresa Táboas, nova vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA)
A nosa ex-Decana Teresa Taboas ven de ser nomeada Secretaria da Unión Internacional de Arquitectos (UIA). Dende o COAG queremos trasmitirlle a nosa máis sincera noraboa e desexarlle grandes éxitos nesta nova etapa. Máis información:...
Criterio interpretativo da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo sobre a necesidade de contemplar o deseño dos peches de parcelas nos proxectos de obras
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) remitiu unha consulta á Comisión Permanente da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo en relación á necesidade de contemplar o deseño dos peches de parcelas nos proxectos de obras en...
Concello de Vigo – Unha praza de Arquitecto/a
No BOP-Pontevedra de 17 de xullo publicase as Bases de selección de persoal funcionario (OPEP 2024) do Concello de Vigo, onde figura, entre outras, unha praza de Arquitecto/a funcionario/a en quenda libre. Enlace ao BOP-Pontevedra.