Oficina de Apoyo a la Rehabilitación
Ciclo “Arquitectura, Arquitectos e Proxectos dixitais en 2024: Mais aló do BIM” _ COAG-COAM.

Ciclo “Arquitectura, Arquitectos e Proxectos dixitais en 2024: Mais aló do BIM” _ COAG-COAM.

A área de formación e innovación do COAG, en colaboración co COAM, organiza un ciclo de catro xornadas encamiñadas a facilitar a formación dos arquitectos en todas as materias relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías no exercicio profesional:

  1. BIM e Desenvolvemento de proxectos colaborativos _ Celebrada o 7 de maio (a gravación atópase dispoñible no seguinte enlace).
  2. Intelixencia Artificial e Deseño Paramétrico _  27 de xuño (próxima inscrición).
  3. Dixitalización e innovación en arquitectura _ A celebrar en setembro (pendente de programación detallada).
  4. Xestión dixital de proxectos _ A celebrar en outubro (pendente de programación detallada).

En próximas datas publicarase a data definitiva, programa, lugar de celebración e a inscrición para a segunda destas xornadas, “Intelixencia Artificial e Deseño Paramétrico”.

Publicadas as novas FICHAS DE SERVIDUMES COAG – APLU

Publicadas as novas FICHAS DE SERVIDUMES COAG – APLU

Xa están dispoñibles as novas FICHAS DE SERVIDUMES, elaboradas no marco do convenio entre a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

Estas fichas recollen a complexa normativa sectorial, tanto autonómica como estatal, que os técnicos relacionados co sector da Edificación e da Planificación Urbanística, profesionais libres e técnicos municipais da Administración deben afrontar diariamente no desempeño do seu traballo. Este labor analítico e de síntese condénsase nunha representación gráfica da lexislación técnica e urbanística sectorial, dando como resultado este conxunto de fichas que se presentan en dous formatos, web e imprimible, para facilitar o seu manexo por parte dos profesionais aos que van destinadas.

Pódese acceder ás fichas no seguinte [+ENLACE]

Proxectos seleccionados para a Mostra Nova Arquitectura Galega

Proxectos seleccionados para a Mostra Nova Arquitectura Galega

Os 30 proxectos incluídos nesta mostra conforman a selección “Nova Arquitectura Galega 2024”, proposta polo COAG como símbolo dunha nova xeración que está chamada a definir os trazos da arquitectura galega no futuro.

Nomes e proxectos de arquitectas e arquitectos que formulan modos de traballo abertos e transversais, xunto con temas máis pegados polo xeral á escala do pequeno e diverso, como corresponde aos inicios dunha carreira profesional, onde todo é posible e está aínda por definir.

MÁIS INFORMACIÓN.

Tradición e innovación dialogan sobre la regeneración de los centros urbanos en los proyectos ganadores del Festival TAC! para Vigo y San Fernando

Tradición e innovación dialogan sobre la regeneración de los centros urbanos en los proyectos ganadores del Festival TAC! para Vigo y San Fernando

TAC! Festival de Arquitectura Urbana—iniciativa impulsada por el Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana (MIVAU) con la colaboración de la Fundación Arquia y, en esta ocasión, con el apoyo del Concello de Vigo, el Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia y el Ayuntamiento de San Fernando— ha seleccionado los proyectos ganadores del concurso de ideas para la construcción de los dos pabellones temporales de su tercera edición: Bajo el título ¡Qué faena(r)!, los arquitectos Óscar Cruz García y Pablo Paradinas Sastre instalarán su pabellón en la ciudad de Vigo (Pontevedra), y La Sal, de José Rodríguez y Carlos Montes González, se alojará en la ciudad de San Fernando (Cádiz).  read more…

Actualización de Utilidades COAG. Accesibilidade nos espazos públicos urbanizados

Actualización de Utilidades COAG. Accesibilidade nos espazos públicos urbanizados

Están dispoñibles, para todos aqueles colexiados con alta neste servizo, as memorias para xustificar o cumprimento das condicións básicas de accesibilidade dos espazos públicos urbanizados, actualizadas á Orde TMA/851/2021, do 1 de febreiro, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e uso dos espazos públicos urbanizados, coa súa correlación co establecido no Decreto 35/2000, de xaneiro 28, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e aplicación da lei 10/2014, de accesibilidade en Galicia, así como aquelas cuestións que afecten ao DB SUA do CTE. Descarga.

read more…

Publicación convocatoria de axudas fomento madeira para construción

Publicación convocatoria de axudas fomento madeira para construción

No DOG de 12 de abril vense de publicar a RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G). read more…