Recursos

Estimando a solicitude do COAG, o Concello de Redondela procedeu a modificar as bases do procedemento selectivo para a constitución dunha Bolsa de Traballo de carácter temporal de arquitecto/a, e procedeu a publicar unha nova convocatoria no BOP de Pontevedra Nº 28, de 08/02/2024.

O motivo da queixa e impugnación do COAG foi o establecemento nas bases orixinais do requisito de "estar en posesión do carnet de conducir B" para poder participar no proceso. Nas bases modificadas o concello elimina este requisito establecendo un novo prazo para que...

read more

Auto de 26 de outubro de 2023 (notificado o 2 de novembro) do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Ourense declarando finalizado -por satisfacción extraprocesal da pretensión ao ter anulado o concello dita convocatoria acollendo as alegacións do COAG- o recurso contencioso administrativo (Procedemento Ordinario 52/2023) interposto polo COAG en impugnación das bases da convocatoria do proceso selectivo de estabilización de emprego temporal da praza de Arquitecto Municipal do Concello de Rubiá de Valdeorras

En febreiro de 2023, o COAG presentara recurso contencioso administrativo en impugnación das bases da convocatoria do proceso selectivo de estabilización de emprego temporal da praza de Arquitecto Municipal do concello. O principal motivo do recurso centrouse na...

read more

A Xunta de Goberno do COAG acordou presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra a Sentenza 380/2023, do 29 de setembro, ditada pola Sección 002 da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Recurso de apelación 4040/2023 (edificio comercial e unidade de subministro en Santiago de Compostela)

A orixe deste procedemento xudicial atópase no recurso presentado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais contra a licenza concedida polo Concello de Santiago de Compostela para un edificio comercial que incluía unha unidade de subministración de carburante, cun...

read more

Sentenza 124/2023 do Xulgado Contencioso administrativo nº1 de Lugo, recaída no Procedemento Ordinario 360/2021, desestimando o Recurso Contencioso Administrativo presentado polo Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Lugo contra a Resolución do Concello de Vilalba ao rexeitar unha Certificación de Seguridade e Solidez Estrutural dunha edificación por vir subscrita por arquitecto técnico, e acollendo as alegacións do COAG e do Concello de Vilalba

O devandito procedemento xudicial orixinouse polo recurso contencioso administrativo interposto polo Colexio de Arquitectura Técnica de Lugo contra a resolución municipal mediante a que o concello rexeitou unha certificación de seguridade e solidez estructural dunha...

read more

O COAG acordou presentar recurso contencioso administrativo contra a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, Dna. María Francisca Gómez Santos, por delegación da Conselleira (p.d. Orde do 03/03/2016), notificada o día 28 de agosto de 2023, pola que se desestima o Recurso de reposición interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en impugnación da licitación de dita Consellería para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e Servizo de dirección de obras para as obras de Remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na Residencia de Maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONEU” polo procedemento aberto simplificado. (referencia de expediente cps-2023-0007; expediente 10/2023).

En marzo de 2023 o COAG impugnou os pregos, mediante recurso de reposición, no entendemento de que os criterios de adxudicación criterios de adxudicación e a súa valoración infrinxen artigo 145.4 LCSP o no cumprían co mínimo legal de que nos contratos de servicios de...

read more

O COAG acordou comparecer e constituírse en parte como interesado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-administrativo, Sección Nº 2 (Expediente Administrativo núm. 19785/411) relativo ao Recurso Contencioso-administrativo nº 4175/2023 P. Ordinario, contra Resolución da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo de 18/04/2023 relativa á suspensión do cómputo do prazo de vixencia do IOP, ao entender procedente a suspensión di dito prazo.

read more

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, desestima o recurso especial en materia de contratación presentado polo coag en impugnación das bases da licitación do Concello de Moaña para adxudicar o contrato administrativo de servizo de redacción de “Proxecto e dirección de obra para a construción dun Auditorio, Dependencias Municipais e 10 Vivendas Públicas para Alugueiro Social, garaxes e rochos na parcela resultante nº4 da equidistribución de Sisalde, Moaña”

Resolución do TAC-GAL O motivo da impugnación foron os criterios de adxudicación ao entender que os criterios de adxudicación recollidos no prego infrinxen o artigo 145.4 LCSP que establece que nos contratos de servizos de arquitectura, os criterios relacionados coa...

read more