O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, desestima o recurso especial en materia de contratación presentado polo coag en impugnación das bases da licitación do Concello de Moaña para adxudicar o contrato administrativo de servizo de redacción de “Proxecto e dirección de obra para a construción dun Auditorio, Dependencias Municipais e 10 Vivendas Públicas para Alugueiro Social, garaxes e rochos na parcela resultante nº4 da equidistribución de Sisalde, Moaña”

17 Xul 2023

Resolución do TAC-GAL

O motivo da impugnación foron os criterios de adxudicación ao entender que os criterios de adxudicación recollidos no prego infrinxen o artigo 145.4 LCSP que establece que nos contratos de servizos de arquitectura, os criterios relacionados coa calidade deben representar como mínimo o 51% da puntuación asignable e consecuentemente os criterios relacionados cos custes, como o prezo, non poden superar o 49%

Enlace á noticia sobre a interposición do recurso especial:

https://portal.coag.es/coagactua/o-coag-presenta-un-recurso-especial-en-materia-de-contratacion-en-relacion-coa-licitacion-do-concello-de-moana-para-adxudicar-o-contrato-administrativo-de-servizo-de-redaccion-de-proxecto-e-direccio/

Compartir