O COAG acordou presentar recurso contencioso administrativo contra a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, Dna. María Francisca Gómez Santos, por delegación da Conselleira (p.d. Orde do 03/03/2016), notificada o día 28 de agosto de 2023, pola que se desestima o Recurso de reposición interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en impugnación da licitación de dita Consellería para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e Servizo de dirección de obras para as obras de Remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na Residencia de Maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONEU” polo procedemento aberto simplificado. (referencia de expediente cps-2023-0007; expediente 10/2023).

26 Set 2023

En marzo de 2023 o COAG impugnou os pregos, mediante recurso de reposición, no entendemento de que os criterios de adxudicación criterios de adxudicación e a súa valoración infrinxen artigo 145.4 LCSP o no cumprían co mínimo legal de que nos contratos de servicios de arquitectura os criterios relacionados coa calidade deben ter unha valoración mínima do 51% do total da puntuación a asignar aos criterios de adxudicación.

A Consellería desestimou o recurso do COAG, motivo polo que a Xunta de Goberno acordou recorre en vía contencioso administrativa.

Enlace á anterior noticia sobre a presentación do recurso de reposición previo:

https://portal.coag.es/coagactua/recurso-de-reposicion-contra-a-licitacion-da-conselleria-de-politica-social-e-xuventude-para-a-contratacion-do-servizo-de-redaccion-de-proxecto-basico-e-de-execucion-estudo-de-seguridade-e-saude-e-se/

Compartir