A orixe deste procedemento xudicial foi a impugnación por parte do COAG dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo (Pontevedra) incluído dentro do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONUE” (Nº Expte 45/2022) referencia do expte CPS-2022-0014.O motivo da impugnación foron os criterios de adxudicación ao entender que os criterios de adxudicación recollidos no prego infrinxen o artigo 145.4 LCSP que establece que nos contratos de servizos de arquitectura, os criterios relacionados coa calidade deben representar como mínimo o 51% da puntuación asignable e consecuentemente os criterios relacionados cos custes, como o prezo, non poden superar o 49%.
Presentouse un recurso especial en materia de contratación que foi desestimado polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia.
Fronte a dita desestimación presentouse recurso contencioso administrativo en vía xudicial que foi desestimado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Fronte a dita desestimación acordouse presentar o recurso de casación que se encontra en trámite.
Enlace á noticia sobre a presentación do recurso contencioso administrativo
Enlace á noticia anterior (agosto 2022) sobre a desestimación por parte do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia do recurso especial en materia de contratación presentado polo COAG:
Enlace á noticia anterior sobre a presentación por parte do COAG do recurso especial en materia de contratación.