Actuacións do Colexio

03-11-2023
A Xunta de Goberno do COAG acordou presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra a Sentenza 380/2023, do 29 de setembro, ditada pola Sección 002 da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Recurso de apelación 4040/2023 (edificio comercial e unidade de subministro en Santiago de Compostela)
05-10-2023
Sentenza 124/2023 do Xulgado Contencioso administrativo nº1 de Lugo, recaída no Procedemento Ordinario 360/2021, desestimando o Recurso Contencioso Administrativo presentado polo Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Lugo contra a Resolución do Concello de Vilalba ao rexeitar unha Certificación de Seguridade e Solidez Estrutural dunha edificación por vir subscrita por arquitecto técnico, e acollendo as alegacións do COAG e do Concello de Vilalba
26-09-2023
A Xunta de Goberno do COAG acordou presentar Recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra Sentenza 244/2023, de 14 de xullo do TSXG- Residencia Maiores Vigo
26-09-2023
O COAG acordou presentar recurso contencioso administrativo contra a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, Dna. María Francisca Gómez Santos, por delegación da Conselleira (p.d. Orde do 03/03/2016), notificada o día 28 de agosto de 2023, pola que se desestima o Recurso de reposición interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en impugnación da licitación de dita Consellería para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e Servizo de dirección de obras para as obras de Remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na Residencia de Maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONEU” polo procedemento aberto simplificado. (referencia de expediente cps-2023-0007; expediente 10/2023).
14-09-2023
O COAG acordou comparecer e constituírse en parte como interesado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-administrativo, Sección Nº 2 (Expediente Administrativo núm. 19785/411) relativo ao Recurso Contencioso-administrativo nº 4175/2023 P. Ordinario, contra Resolución da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo de 18/04/2023 relativa á suspensión do cómputo do prazo de vixencia do IOP, ao entender procedente a suspensión di dito prazo.
17-07-2023
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, desestima o recurso especial en materia de contratación presentado polo coag en impugnación das bases da licitación do Concello de Moaña para adxudicar o contrato administrativo de servizo de redacción de “Proxecto e dirección de obra para a construción dun Auditorio, Dependencias Municipais e 10 Vivendas Públicas para Alugueiro Social, garaxes e rochos na parcela resultante nº4 da equidistribución de Sisalde, Moaña”