Actuacións do Colexio

19-04-2024
Alegacións do COAG ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto de Greenfiber en Palas de Rei
04-04-2024
O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación do Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Monforte de Lemos, adoptado en sesión de data 12.02.2024, mediante o que se aprobaron as bases e convocatoria do proceso selectivo, como funcionario, por concurso-oposición, dunha praza de Arquitecto, Escala Administración Especial, Grupo A, Subgrupo A1 (BOP de Lugo Nº 58, de 9 de marzo de 2024)
16-02-2024
O COAG remite un escrito alegacións ao Concello da Estrada solicitando a modificación dos criterios de adxudicación, a desistencia da licitación para a adxudicación do contrato de servizos de arquitectura para a redacción do proxecto “Peonización da Praza da Farola”, e a convocatoria dun novo procedemento no que ditos criterios sexan conforme ao previsto legalmente. Expediente 6816/2023.
08-02-2024
Estimando a solicitude do COAG, o Concello de Redondela procedeu a modificar as bases do procedemento selectivo para a constitución dunha Bolsa de Traballo de carácter temporal de arquitecto/a, e procedeu a publicar unha nova convocatoria no BOP de Pontevedra Nº 28, de 08/02/2024.
14-12-2023
O COAG presentou un Recurso de reposición en impugnación das bases e convocatoria para proveer unha praza de arquitecto interino no Concello de Baiona
21-11-2023
Auto de 26 de outubro de 2023 (notificado o 2 de novembro) do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Ourense declarando finalizado -por satisfacción extraprocesal da pretensión ao ter anulado o concello dita convocatoria acollendo as alegacións do COAG- o recurso contencioso administrativo (Procedemento Ordinario 52/2023) interposto polo COAG en impugnación das bases da convocatoria do proceso selectivo de estabilización de emprego temporal da praza de Arquitecto Municipal do Concello de Rubiá de Valdeorras