O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación do Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Monforte de Lemos, adoptado en sesión de data 12.02.2024, mediante o que se aprobaron as bases e convocatoria do proceso selectivo, como funcionario, por concurso-oposición, dunha praza de Arquitecto, Escala Administración Especial, Grupo A, Subgrupo A1 (BOP de Lugo Nº 58, de 9 de marzo de 2024)

4 Abr 2024

O motivo do recurso foi a valoración prevista nas bases do mérito consistente na “experiencia profesional” debido a que existe unha prevalencia absoluta e unha desproporción manifesta na valoración da prestación de servizos no propio concello de Monforte e os seus organismos autónomos tanto na categoría obxecto da convocatoria como noutras distintas en demérito da prestación de servizos na categoría obxecto da convocatoria noutras Administracións Públicas.
Alegouse que non deben vvalorarse de forma distinta os servizos prestados en distintas Administracións Públicas si son servizos obxectivamente idénticos (salvo nos casos excepcionais previstos legalmente en relación con determinados procesos de estabilización de emprego temporal). Por tal motivo, o COAG entende que a  experiencia tal e como está nas bases infrinxe os principios de igualdade, mérito e capacidade que rexen o acceso ao emprego público.

Compartir