Os criterios de adxudicación previstos consistían nunha proposta técnica (25 puntos) e nunha oferta económica (75 puntos). O COAG alegou que ditos criterios eran contrarios ao previsto legalmente, xa que o artigo 145 Lei 9/2027 de Contratos do Sector Público establece que nos contratos que consistan en prestacións de carácter intelectual, como os contratos de Arquitectura, os criterios relativos á calidade deben ter unha valoración, cando menos, do 51% do total da puntuación asignable á valoración das ofertas.
Por tal motivo, solicitouse a modificación de ditos criterios de adxudicación, a desistencia do procedemento que se está a tramitar e a convocatoria dunha nova licitación na que se establezan os criterios de adxudicación modificados conforme ao previsto legalmente.