Actuacións do Colexio

02-10-2024
O COAG remitiu unha carta á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración solicitando a ampliación de prazo de presentación de propostas na licitación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da escola de formación profesional e da clínica da antiga Fábrica de armas para a creación dun centro de formación especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital na Cidade das TIC (A Coruña) cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta (expediente 2024_016_SXT_FCE).
30-09-2024
O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación da Resolución nº 2024-0406 da Alcaldía do concello de Valga, de 20 de agosto de 2024, mediante a que se aprobaron as bases reguladoras do proceso selectivo, por concurso-oposición, dunha praza de Arquitecto persoal laboral (BOP Pontevedra nº 169 de 30 de agosto).
19-07-2024
Achegas presentadas ao Decreto polo que se aproba o Regulamento que desenvolve a Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia
22-05-2024
O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Catoira
20-05-2024
O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Valga
15-05-2024
O COAG remitiu ao Concello de Santiago unha solicitude de ampliación do prazo de presentación de propostas. licitación que se encontra en tramitación para adxudicación do contrato de servizos de redacción de Proxecto Básico e Execución (pbe) e dirección facultativa (DO+DI+CSS) do “Barrio verde de Pontepedriña: renaturalización da mazá e creación dun corredor ecolóxico urbano”. expediente: con2024000004.