Categoría

Enquisa sobre preferencias formativas para 2025

Enquisa sobre preferencias formativas para 2025

Atópase dispoñible a enquisa sobre preferencias formativas para este próximo ano 2025. O obxectivo deste cuestionario é coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas, de cara a establecer a programación e contidos a desenvolver durante o ano 2025 tanto en cursos de actualización profesional (aprox. menos de 50 horas) como en cursos de especialización. Ademais, inclúense algunhas cuestións de tipo organizativo que nos resultan de gran utilidade para aliñar as modalidades, formatos, horarios, adicacións, etc., coas vosas preferencias.

A enquisa é breve e anónima. Coñecer as vosas opinións e preferencias resulta especialmente importante para nós para mellorar o enfoque e a organización das actividades formativas que programamos, así como para que promover novos cursos nas liñas que propoñedes.

Moitas grazas!

CUBRIR A ENQUISA

Plan de formación último cuatrimestre 2024

Plan de formación último cuatrimestre 2024

En relación coas actividades formativas propias do COAG, atópanse dispoñible para os colexiados a información sobre as liñas temáticas e planificación de accións formativas para o último cuatrimestre do 2024.

A programación das xornadas de asesoramento, pola propia natureza dinámica destas actividades, non se inclúe neste documento e será trasladada puntualmente a través dos medios habituais.

VIII Edición del Fórum Ibérico de la Cal

VIII Edición del Fórum Ibérico de la Cal

Desde la organización del Fórum Ibérico de la Cal (FICAL_VII) informan de las próximas jornadas que se van a realizar en Santiago de Compostela del 23 al 27 de septiembre de 2024, en la Fundación Laboral de la Construcción.

El Fórum Ibérico de la Cal (FICAL) es una asociación científico-técnica, sin ánimo de lucro, cuyo principal objetivo es el desarrollo de la investigación, la formación y la difusión del uso de la cal en la construcción.

El objetivo de esta séptima edición (FICAL_VII), además de mostrar, al igual que en las anteriores jornadas, las novedades y avances obtenidos en el mundo de la cal, es contribuir a la recuperación del oficio tradicional de la cal que durante siglos ha ido recogiendo el saber hacer de innumerables generaciones y que hoy en día se encuentra en peligro de desaparición, especialmente en Galicia. Para ello, el programa incluye, además de ponencias científicas y de buenas prácticas de la utilización de la cal, tres días de talleres de diferentes técnicas constructivas con cal.

Las jornadas previstas se desarrollarán del 23 al 28 de septiembre de 2024. Del 23 al 25 de septiembre tendrán lugar cursos de técnicas constructivas con cal, impartidos por maestros artesanos y empresas. Los días 26 y 27 de septiembre tendrá lugar el congreso y el día 28 de septiembre una visita técnica al Pórtico de la Gloria de la Catedral de Santiago de Compostela.

MÁS INFORMACIÓN.

#COAGconta: Kit dixital

#COAGconta: Kit dixital

O xoves 19 de setembro ás 12:00 horas terá lugar o #coagconta sobre o Kit Digital, o Programa de axudas para a implantación de solucións dixitais en empresas. Esta xornada centrarase nas axudas entre 3.000€ e 12.000€ a fondo perdido para pemes e autónomos para implantación de solucións dixitais (Web, Comercio electrónico, SÉ, Redes sociais, Factura electrónica etc.)/ etc.), dentro do marco dos fondos Next Generation. 

O relator desta xornada será Gonzalo Rey Mouriño, responsable de marketing de Pululart, unha axencia sita na Coruña de desenvolvemento web, ecommerce e márketing dixital que leva implantando solucións na internet desde hai máis de 20 anos.

O programa para esta xornada será o seguinte:

1. Que é o kit dixital?
2. Requisitos para solicitalo
3. Obxectivos
4. Como funciona?
5. Segmentos e contías das axudas
6. Presentación de solicitudes e troco do bono
7. Tributación
8. Solucións dixitais
9. Resolución de dúbidas e preguntas

read more…

Asinada a renovación do convenio do ProxectoTerra para 2024-2026

Asinada a renovación do convenio do ProxectoTerra para 2024-2026

O pasado 7 de setembro, a Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia renovaron a colaboración para desenvolver nos centros escolares o ‘Proxecto Terra’ co fin de concienciar sobre o respecto ao territorio e á paisaxe.

O Goberno galego financia nun 90% as actuacións previstas neste convenio, que suporán un investimento de 360.000€. read more…

Convocatoria para selección de propostas para axudas a publicacións e actividades culturais 2024 – Últimos días

Convocatoria para selección de propostas para axudas a publicacións e actividades culturais 2024 – Últimos días

Lémbrase que as propostas deberán presentarse no formulario indicado na circular, o máis axiña posible, e, en todo caso, antes das 23:59 horas do día 15 de setembro.

Tal e como se indica na Circular 12 2024, a Xunta de Goberno, na súa sesión 17/2024 de 19 de xuño, aprobou a proposta da Comisión de Cultura para abrir unha convocatoria para que todos os colexiados interesados na colaboración do COAG en publicacións e actividades culturais no ámbito da nosa profesión poidan subir as súas propostas, e así establecer ter unha canle continua e aberta a todos os colexiados.

REQUISITOS DAS PROPOSTAS.

As propostas deberán consistir en proxectos de divulgación e difusión na sociedade da arquitectura, o urbanismo ou do traballo dos/as arquitectos/as.

As actuacións propostas deberán estar proxectadas para rematarse e poder xustificar a axuda concedida antes do 31 de decembro de 2025.

REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

  1. As propostas poderán ser presentadas por calquera colexiado, persoa física, que se atope ao corrente de pagos e en plenitude dos seus dereitos como colexiado, que acredite a autoría da mesma.
  2. As propostas terán que ser obrigatoriamente sobre temas relacionados coa arquitectura e o urbanismo e territorio.
  3. No caso de equipos multidisciplinares, o contido principal continuará sendo a arquitectura e o urbanismo e os seus representantes dentro do equipo, arquitectos colexiados. Valoraranse preferentemente aquelas vinculadas á nosa área xeográfica.
  4. Non se poderán sumar a axudas do mesmo tipo, polo que non se admitirán aquelas propostas que xa teñan apoio do COAG

As axudas poderán ser de diversos tipos: achegas económicas, apoio e difusión e mesmo edición de publicacións. En cada unha das propostas deberá  incluírse o tipo de axuda que se solicita do COAG.

MÁIS INFORMACIÓN.

Últimos días de presentación de candidaturas ao III Premio “Arquitectura para un mundo mellor” de  recoñecemento profesional de achega á Arquitectura

Últimos días de presentación de candidaturas ao III Premio “Arquitectura para un mundo mellor” de recoñecemento profesional de achega á Arquitectura

Lémbrase que o prazo para a presentación de candidaturas remata o vindeiro 13 de setembro de 2024.

Despois do éxito das dúas primeiras convocatorias do Premio “Arquitectura para un mundo mellor” impulsadas pola Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, esta nova, amplíase a todo o ámbito de Galicia en colaboración coa Comisión de Cultura do COAG.

O premio, que será outorgado a un ou unha profesional, non arquitecto/a, asociacións, agrupacións ou organismos en recoñecemento ao seu traballo e á súa especial achega a unha “Arquitectura para un mundo mellor”, quere facer un recoñecemento explícito a aqueles que nos acompañan neste complexo proceso de xeito excepcional reforzando ou engadindo valores profesionais, sociais ou culturais á tarefa da arquitectura.

Nese sentido anímase a todos os colexiados do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia á presentación de candidaturas que consideren idóneas para optar a este premio, tendo en consideración que a persoa proposta non deberá en calquera caso ser arquitecto, pero si o seu ámbito profesional ten que estar relacionado coa arquitectura, sendo especialmente valorable que a súa contribución á mesma se enmarque no espazo territorial da nosa Comunidade.

As candidaturas recibidas serán avaliadas por un xurado de tres persoas formado a tal efecto por compañeiros/as designados pola Xunta Directiva de Santiago e a Vogalía de Cultura do COAG tentando que sexa o máis representativo posible do colectivo.

Para participar nesta 3ª convocatoria debe enviarse unha mensaxe de correo electrónico a mundomellor@coag.es. A mensaxe debe de acompañarse dunha carta motivando xustificadamente a candidatura da persoa proposta. Unha mesma candidatura pode vir proposta por varios colexiados sendo o número de avais, xunto á biografía do ou da candidata, outra das cuestións que serán tidas en conta na valoración das candidaturas presentadas.

Animádevos a participar!

* Os datos serán tratados unicamente coa finalidade de xestionar as candidaturas ao III Premio Arquitectura para un Mundo Mellor. O tratamento dos datos ten a base na comunicación de estar interesado en participar no proceso e istes datos so se conservaran o tempo necesario e no serán cedidos a terceiros salvo obriga legal.
Mais información sobre a nosa política de privacidade en www.coag.es.

VIII Edición del Fórum Ibérico de la Cal

VIII Edición del Fórum Ibérico de la Cal

Desde la organización del Fórum Ibérico de la Cal (FICAL_VII) informan de las próximas jornadas que se van a realizar en Santiago de Compostela del 23 al 27 de septiembre de 2024, en la Fundación Laboral de la Construcción. El Fórum Ibérico de la Cal (FICAL) es una...

Últimos días de presentación de candidaturas ao III Premio “Arquitectura para un mundo mellor” de  recoñecemento profesional de achega á Arquitectura

Últimos días de presentación de candidaturas ao III Premio “Arquitectura para un mundo mellor” de recoñecemento profesional de achega á Arquitectura

Lémbrase que o prazo para a presentación de candidaturas remata o vindeiro 13 de setembro de 2024. Despois do éxito das dúas primeiras convocatorias do Premio “Arquitectura para un mundo mellor” impulsadas pola Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos...