Enquisa sobre preferencias formativas para 2025

13 Set 2024

Atópase dispoñible a enquisa sobre preferencias formativas para este próximo ano 2025. O obxectivo deste cuestionario é coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas, de cara a establecer a programación e contidos a desenvolver durante o ano 2025 tanto en cursos de actualización profesional (aprox. menos de 50 horas) como en cursos de especialización. Ademais, inclúense algunhas cuestións de tipo organizativo que nos resultan de gran utilidade para aliñar as modalidades, formatos, horarios, adicacións, etc., coas vosas preferencias.

A enquisa é breve e anónima. Coñecer as vosas opinións e preferencias resulta especialmente importante para nós para mellorar o enfoque e a organización das actividades formativas que programamos, así como para que promover novos cursos nas liñas que propoñedes.

Moitas grazas!

CUBRIR A ENQUISA

Compartir