Convocatoria para selección de propostas para axudas a publicacións e actividades culturais 2024 – Últimos días

11 Set 2024

Lémbrase que as propostas deberán presentarse no formulario indicado na circular, o máis axiña posible, e, en todo caso, antes das 23:59 horas do día 15 de setembro.

Tal e como se indica na Circular 12 2024, a Xunta de Goberno, na súa sesión 17/2024 de 19 de xuño, aprobou a proposta da Comisión de Cultura para abrir unha convocatoria para que todos os colexiados interesados na colaboración do COAG en publicacións e actividades culturais no ámbito da nosa profesión poidan subir as súas propostas, e así establecer ter unha canle continua e aberta a todos os colexiados.

REQUISITOS DAS PROPOSTAS.

As propostas deberán consistir en proxectos de divulgación e difusión na sociedade da arquitectura, o urbanismo ou do traballo dos/as arquitectos/as.

As actuacións propostas deberán estar proxectadas para rematarse e poder xustificar a axuda concedida antes do 31 de decembro de 2025.

REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

  1. As propostas poderán ser presentadas por calquera colexiado, persoa física, que se atope ao corrente de pagos e en plenitude dos seus dereitos como colexiado, que acredite a autoría da mesma.
  2. As propostas terán que ser obrigatoriamente sobre temas relacionados coa arquitectura e o urbanismo e territorio.
  3. No caso de equipos multidisciplinares, o contido principal continuará sendo a arquitectura e o urbanismo e os seus representantes dentro do equipo, arquitectos colexiados. Valoraranse preferentemente aquelas vinculadas á nosa área xeográfica.
  4. Non se poderán sumar a axudas do mesmo tipo, polo que non se admitirán aquelas propostas que xa teñan apoio do COAG

As axudas poderán ser de diversos tipos: achegas económicas, apoio e difusión e mesmo edición de publicacións. En cada unha das propostas deberá  incluírse o tipo de axuda que se solicita do COAG.

MÁIS INFORMACIÓN.

Compartir