Categoría

Concurso Finca de Lourizán – FALLO

Concurso Finca de Lourizán – FALLO

O equipo formado por Estudio Carme Pinós SLP  e Carles Enrich Studio SLP resultou gañador por unanimidade do concurso para a recuperación integral do Pazo de Lourizán e a súa contorna co proxecto baixo o lema Xard1n 2.0. Así o deron a coñecer os membros do xurado tras realizar en San Caetano a apertura das plicas que contiñan a relación de premiados no concurso de ideas promovido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Industria Forestal (Xera). read more…

Concello de Castrelo de Miño – Unha praza de arquitecto/a

Concello de Castrelo de Miño – Unha praza de arquitecto/a

No BOE de 12 de novembro publícase a Resolución de 31 de outubro de 2024, do Concello de Castrelo de Miño (Ourense), referente á convocatoria para proveer varias plazas. entre as que se atopa:

Unha praza de Arquitecto/a da plantilla de persoal laboral fixo, a cubrir polp sistema de concurso, en turno libre/estabilización.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar desde esta publicación.

Enlace ao BOE.

Curso “Novidades na regulación de Costas”

Curso “Novidades na regulación de Costas”

O obxectivo deste curso é que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación ás intervencións no ámbito costeiro. Analizarase a regulación da costa en España, diferenciando o Dominio Público Marítimo Terrestre das súas servidumes, a súa configuración e réxime de usos, obras permitidas e prohibidas, así como os mecanismos administrativos de control sobre a ocupación e o uso da costa.

Expoñerase o contido da Lei de Costas desde un punto de vista eminentemente práctico, examinando supostos concretos de gran actualidade, casos prácticos e análises xurisprudenciais. Expoñerase e explicará a Sentenza do Tribunal Constitucional núm. 76/2024, do 8 de maio, pola que se declaran inconstitucionais os artigos 10 e 11 e a disposición transitoria primeira da Lei do Parlamento de Galicia núm. 7/2022, do 27 de decembro. Do mesmo xeito, analizaranse os principais conceptos e determinacións da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, así como a incidencia da Sentenza do Tribunal Constitucional sobre esta norma e as súas implicacións prácticas.

Prezos de matrícula

  • Matrícula ordinaria: 80 euros
  • Arquitectos colexiados: 50 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 25 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula
O aforo é limitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de matriculación.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 20/11/2024 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 20/11/2024 ata o martes 26/11/2024 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]

Convocatoria de Xunta Xeral ordinaria da Agrupación o día 28 de novembro

Convocatoria de Xunta Xeral ordinaria da Agrupación o día 28 de novembro

De conformidade co establecido no Artigo 13.5 do Regulamento da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas (AGAU), a Xunta Directiva, reunida o día 11 de novembro de 2024, acorda convocar a todas as persoas agrupadas á Xunta Xeral Ordinaria que se celebrará o día 28 de novembro de 2024.

Enlace á convocatoria:

https://www.coag.es/Circulares/2024/noviembre/AGAU/agau01-2024.pdf

Recoméndase que persoas agrupadas interesadas en asistir, presencialmente ou telemáticamente, comuniquen a súa asistencia previa.