A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia organiza o martes 19 de novembro ás 19.00 na sua sede unha charla informativa sobre o Réxime Especial dos Traballadores Autónomos dirixida especificamente ao noso colectivo en coordinación coa Dirección Provincial do INSS e da TXSS de Lugo.
Esta delegación é consciente das inquedanzas do colectivo sobre a situación da súa seguridade de previsión (xubilación, riscos, incapacidade, viuvez, etc…) dos arquitectos e arquitectas autónomos, por iso propón esta primeira charla para que os compañeiros e compañeiras poidan coñecer máis a fondo esta vía de desenvolvemento da carreira profesional dos traballadores por conta propia frente a outras alternativas de mutualidades privadas.
A charla dividirase en tres bloques:
1.- Presentación e acceso a IMPORTASS e á web da Seguridade Social.
2.- Achegamento ao sistema de cotización dos traballadores e traballadoras autónomos e proceso de regularización de cotas de autónomos.
3.- Contestación a dúbidas e preguntas dos asistentes.
Ponentes:
– D. Juan José Rodríguez Gude. Director provincial do INSS e da TXSS de Lugo.
–Dna. Laura Copa Novo. Subdirectora provincial de Xestión Recadatoria da TXSS en Lugo.
Nota: Se como colexiado ou colexiada estima pertinente enviar as súas dúbidas e preguntas previamente pode facelo no correo xd.lugo@coag.es. A xunta directiva dará traslado das cuestións aos ponentes durante a semana para que poidan dar resposta na charla programada.