#COAGconta: Casos singulares de legalización

14 Nov 2024

O xoves 14 de novembro ás 12:00 horas, Anxo de la Puente Fernández explicará os casos singulares de legalización.

Legalizar é axeitar administrativamente feitos non autorizados. Nas obras, ademais do administrativo están os requisitos da súa lexislación sectorial. A complexidade de axentes participantes nas obras e a relación destas coas primeiras ocupacións e comunicacións de actividade provoca unha variedade tal de casos de legalización que impide a súa regulamentación detallada, optando o lexislador por unha mínima clasificación administrativa que debe ser a base conceptual ao considerar os casos concretos.

Neste #COAGconta exporase sistematicamente o criterio de tramitación colexial que tenta, en todo caso, a súa compatibilidade coa tramitación municipal.

Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte  [+ ligazón]

Compartir