O obxectivo deste curso é que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación ás intervencións no ámbito costeiro. Analizarase a regulación da costa en España, diferenciando o Dominio Público Marítimo Terrestre das súas servidumes, a súa configuración e réxime de usos, obras permitidas e prohibidas, así como os mecanismos administrativos de control sobre a ocupación e o uso da costa.
Expoñerase o contido da Lei de Costas desde un punto de vista eminentemente práctico, examinando supostos concretos de gran actualidade, casos prácticos e análises xurisprudenciais. Expoñerase e explicará a Sentenza do Tribunal Constitucional núm. 76/2024, do 8 de maio, pola que se declaran inconstitucionais os artigos 10 e 11 e a disposición transitoria primeira da Lei do Parlamento de Galicia núm. 7/2022, do 27 de decembro. Do mesmo xeito, analizaranse os principais conceptos e determinacións da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, así como a incidencia da Sentenza do Tribunal Constitucional sobre esta norma e as súas implicacións prácticas.
Prezos de matrícula
- Matrícula ordinaria: 80 euros
- Arquitectos colexiados: 50 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 25 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 20/11/2024 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do mércores 20/11/2024 ata o martes 26/11/2024 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]