Categoría
Ourense. Olladas na rúa 16.
O Cluster da Madeira organiza as III xornadas Másmadera para potenciar a rehabilitación en madeira
O Cluster da Madeira de Galicia organiza, por terceiro ano consecutivo, as Xornadas másmadera, xornadas de rehabilitación en madeira, que este ano virarán ao redor de obras que se estean rehabilitando na actualidade. read more…
DB´s do CTE con comentarios. Xuño 2015
14/10/2015
Nesta ligazón pódese acceder aos documentos do CTE, en concreto no DB-SI, DB-SUA, DB HR e DB HS, nos cales en Xuño deste ano, o Ministerio introduciu novos comentarios interpretativos read more…
Atinne: Curso intensivo de cálculo de instalacións con Cype
A partir do próximo 26 de outubro impartirase no centro Atinne un novo Curso de Cálculo de Instalacións co programa CYPE Enxeñeiros. Este curso está orientado a estudantes e profesionais do sector da industria, a construción e a arquitectura interesados en tomar contacto con este software líder no sector. read more…
A partir deste xoves día 15 o “token” de visado deixará de ser válido
Lembramos que na circular 12/2015 se establece que o certificado dixital colexial contido no “token” de visado deixará de ser válido a partir deste xoves 15/10/2015, non podendo utilizarse o “token” a partir de entón para a tramitación do visado de ningún tipo de documentación.
Mesturas. Encontros internacionais de arquitectura Galicia – Portugal I. Rehabilitación. Intervencións no patrimonio
Galicia e o Norte de Portugal son territorios moi próximos, con linguas e culturas irmás, con orografías e climas similares, que nos últimos anos fortaleceron as súas relacións en moitos ámbitos, pero non no da arquitectura. Por elo, as delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asumen o reto de organizar a primeira edición das xornadas “Mesturas. Encontros Internacionais de Arquitectura Galicia – Portugal” read more…
Anteproxecto Lei do solo de Galicia
09/10/2015
No Consello da Xunta de Galicia do 08/10/2015 aprobouse o anteproxecto da nova Lei do solo de Galicia, para instar a súa tramitación e debate no Parlamento de Galicia, así como a súa posterior aprobación.
Referencia á rolda de prensa do Presidente da Xunta, e ao contido do texto normativo proposto.
Convocatoria “premios Manuel Gómez Román”
Os “Premios Manuel Gómez Román” promovidos pola Asociación Setestrelo pretenden estimular a recuperación da arquitectura tradicional galega seguindo o criterio de orixinalidade, tanto nas formas como na utilizacióndos materiais utilizados para a rehabilitación, e comprenden dúas modalidades:
- a) Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas.
b) Construcións adxectivas (hórreos, pombais, muíños…) rehabilitadas ou reconstruídas.
As persoas interesadas deberán presentar os seus proxectos, de acordo coas bases da convocatoria que se acompañan, ata do día 14 de novembro de 2015, ás 12:00 horas.
Trala valoración e decisión do xurado, terá lugar a entrega dos premios, o día 12 de decembro de 2015, ás 12.30 horas, no Castelo de Maceda.
No mesmo acto farase entrega da Medalla de Prata da Asociación a unha personalidade que teña salientado pola promoción e defensa do patrimonio material ou paisaxístico de Galicia.
Oferta de emprego en A Coruña
07/10/2015
Empresa de A Coruña busca arquitecto con perfil e vocación comercial, para a presentación e comercialización de productos relacionados coa construción e a decoración. Ocuparase da presentación do producto a arquitectos, estudios de arquitectura, prescriptores e distribuidores.
Con plena disponibilidade para viaxar e orientación eminentemente comercial.
Interesados enviar C.V. á seguinte dirección: seleccion1015@gmail.com
Retransmisión da Xunta Xeral extraordinaria do 6 de outubro de 2015
Infórmase aos colexiados da posibilidade de seguir en directo a Xunta Xeral extraordinaria de 6 de outubro de 2015, desde as 16:30 horas. Para acceder á retransmisión premer no seguinte enlace:
http://www.coag.es/arquitectosgaliciatvdirecto/
Para consultar a documentación relativa aos asuntos a tratar na referida Xunta Xeral, pódese consultar o seguinte ENLACE
Ourense. Olladas na rúa 16.
"As catro esquinitas." Rúa do Paseo esquina Cardenal Quiroga. Venres 30 de outubro, 19,30 h. Cidadá: Mª Vistoria Carballo Calero-Ramos. Arquitecta: Elvira Carregado Pazos. Catro esquinas, catro arquitectos, catro estilos. A arquitectura contemporánea de...
O Cluster da Madeira organiza as III xornadas Másmadera para potenciar a rehabilitación en madeira
O Cluster da Madeira de Galicia organiza, por terceiro ano consecutivo, as Xornadas másmadera, xornadas de rehabilitación en madeira, que este ano virarán ao redor de obras que se estean rehabilitando na actualidade. O obxectivo é mostrar as entrañas da...
DB´s do CTE con comentarios. Xuño 2015
14/10/2015 Nesta ligazón pódese acceder aos documentos do CTE, en concreto no DB-SI, DB-SUA, DB HR e DB HS, nos cales en Xuño deste ano, o Ministerio introduciu novos comentarios interpretativos En este enlace se puede acceder a los documentos del CTE, en concreto en...
Atinne: Curso intensivo de cálculo de instalacións con Cype
A partir do próximo 26 de outubro impartirase no centro Atinne un novo Curso de Cálculo de Instalacións co programa CYPE Enxeñeiros. Este curso está orientado a estudantes e profesionais do sector da industria, a construción e a arquitectura interesados en tomar...
A partir deste xoves día 15 o “token” de visado deixará de ser válido
Lembramos que na circular 12/2015 se establece que o certificado dixital colexial contido no "token" de visado deixará de ser válido a partir deste xoves 15/10/2015, non podendo utilizarse o "token" a partir de entón para a tramitación do visado de ningún tipo de...
Mesturas. Encontros internacionais de arquitectura Galicia – Portugal I. Rehabilitación. Intervencións no patrimonio
Galicia e o Norte de Portugal son territorios moi próximos, con linguas e culturas irmás, con orografías e climas similares, que nos últimos anos fortaleceron as súas relacións en moitos ámbitos, pero non no da arquitectura. Por elo, as delegacións de Vigo e...
Anteproxecto Lei do solo de Galicia
09/10/2015 No Consello da Xunta de Galicia do 08/10/2015 aprobouse o anteproxecto da nova Lei do solo de Galicia, para instar a súa tramitación e debate no Parlamento de Galicia, así como a súa posterior aprobación. Referencia á rolda de prensa do Presidente da Xunta,...
Convocatoria “premios Manuel Gómez Román”
Os “Premios Manuel Gómez Román” promovidos pola Asociación Setestrelo pretenden estimular a recuperación da arquitectura tradicional galega seguindo o criterio de orixinalidade, tanto nas formas como na utilizacióndos materiais utilizados para a rehabilitación, e...
Oferta de emprego en A Coruña
07/10/2015 Empresa de A Coruña busca arquitecto con perfil e vocación comercial, para a presentación e comercialización de productos relacionados coa construción e a decoración. Ocuparase da presentación do producto a arquitectos, estudios de arquitectura,...
Retransmisión da Xunta Xeral extraordinaria do 6 de outubro de 2015
Infórmase aos colexiados da posibilidade de seguir en directo a Xunta Xeral extraordinaria de 6 de outubro de 2015, desde as 16:30 horas. Para acceder á retransmisión premer no seguinte enlace: http://www.coag.es/arquitectosgaliciatvdirecto/ Para consultar a...

