Categoría
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de outubro de 2025
Concurso de ideas, a nivel de anteproxecto, para transformar o conector central da cidade de Santiago de Compostela – Ampliación de prazo
Ampliado o prazo de presentación das proposta e documentación administrativa (Fase I) do Concurso de ideas, a nivel de anteproxecto, para a transformación do conector central da cidade de Santiago de Compostela ata as 13:00 horas do día 09/01/2026.
O concurso ten por finalidade a selección da mellor proposta a nivel de anteproxecto que pretende transformar o conector central da cidade, eixo conformado polos espazos públicos existentes entre o ámbito do Campo da Estrela, Virxe da Cerca e Santa Clara, coa finalidade de recuperar ese ámbito como espazo patrimonial periférico directamente asociado á Cidade Histórica, aliñándose coa estratexia da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela (PA_AUS2030). Esta actuación encádrase dentro do obxectivo estratéxico OE2 “Evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente”, na liña de actuación 2.5: “Reordenación dos espazos perimetrais á améndoa e accións de conexión dos dous aneis da cidade”. Concurso participado polo COAG. read more…
Exposición “Arquitecturas en curso. Modernidade na ETSAC”
O xoves 23 de outubro, ás 20:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a inauguración da exposición: ARQUITECTURAS EN CURSO. MODERNIDADE NA ETSAC. Na mostra, que se poderá visitar ata o 23 de xaneiro do 2026, poderanse ver traballos do estudantado da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (ETSAC) realizados no contexto do XIII Congreso Docomomo Ibérico, que se celebrará na Coruña do 22 ao 25 de outubro.
#COAGconta: Software libre ou baixo prezo
O xoves 23 de outubro, ás 12:00, exploraremos o panorama xeral dos softwares de arquitectura dende un punto de vista económico da man de Evelio Sánchez Juncal.
Abordarase o papel do software libre e de baixo custo como alternativa real no ámbito da arquitectura e o BIM, explorando o potencial da interoperabilidade e dos estándares abertos como garantía de liberdade e continuidade nos procesos dixitais. Analizaranse ferramentas, modelos e casos prácticos que amosan como o uso de estándares como o IFC, BCF, IDS ou bSDD permite avanzar cara a un futuro máis aberto, colaborativo e sostible.
Para quen non coñeza a Evelio Sánchez Juncal, Evelio é arquitecto e divulgador especializado en BIM, interoperabilidade e transformación dixital do sector. Podedes velo no seu canal [IFC Addict] ou escoitalo xunto a Rogelio Carballo e Rafael Tenoriono no seu podcast [BIMrras]. participando activamente en proxectos e iniciativas que promoven un uso máis libre, colaborativo e sostible da tecnoloxía na arquitectura.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria a inscrición na seguiente [+ ligazón]
Colabora ![]()
Enquisa sobre preferencias formativas para 2026
Co obxectivo de coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas, tanto en cursos de actualización profesional (aprox. menos de 50 horas) como nos #COAGconta, para establecer a programación e contidos a desenvolver durante este próximo ano 2026, acabamos de habilitar a enquisa sobre preferencias formativas. Ademais, inclúense algunhas cuestións de tipo organizativo que nos resultan de gran utilidade para aliñar as modalidades, formatos, horarios, dedicacións etc., coas vosas preferencias.
A enquisa é breve e anónima. Coñecer as vosas opinións e preferencias resulta especialmente importante para nós para mellorar o enfoque e a organización das actividades formativas que programamos, así como para que promover novos cursos nas liñas que propoñedes.
Moitas grazas!
VERI*FACTU aplicación gratuita de facturación de la AEAT
La AEAT pone a disposición de los contribuyentes una aplicación gratuita de facturación, accesible desde la Sede de la AEAT. Este formulario permite a los contribuyentes generar facturas electrónicas y enviar los registros de facturación directamente a la AEAT, cumpliendo con el reglamento de VERI*FACTU, aprobado por el Real Decreto 1007/2023, de 5 de diciembre, que regula los requisitos de los Sistemas Informáticos de Facturación. read more…
Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra)
O Concello de Nigrán pon en marcha un concurso de proxectos en dúas fases, con xurado que se desenvolverá en dúas fases (ideas e anteproxectos), para a construción do Parque Deportivo inclusivo de Porto do Molle. O Concello de Nigrán considerou axeitada a colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dada a súa representación da profesión do Arquitecto na comunidade galega, sendo o obxecto do concurso un ámbito de competencia da devandita profesión.
Obxecto e localización do concurso
O concurso ten por obxecto seleccionar a proposta arquitectónica máis idónea para o deseño e construción do Parque Deportivo Inclusivo no centro comercial Porto do Molle, situado no concello de Nigrán (Pontevedra). O parque incluirá os seguintes elementos:
- Manteñer, completar e integrar a actual pista de atletismo en construción;
- O deseño e construción dunha nova pista protexida da chuvia regulamentaria con un graderío cunha capacidade mínima para 250 espectadores sentados;
- A integración da pista de skate existente no deseño do parque;
- A posibilidade de incluír pistas deportivas e de lecer adicionais na parcela e;
- A disposición de aparcadoiro dentro da parcela.
O deseño do parque realizarase baixo criterios de accesibilidade universal, de acordo coa lexislación vixente e os estudos pertinentes, segundo as especificacións técnicas destas bases (bases técnicas).
O concurso consta de dúas fases:
- Unha primeira fase, pública, aberta, anónima a nivel de idea -de forma sinxela e inicial-, na que se seleccionarán 5 propostas, cuxos autores serán invitados a participar na segunda fase para desenvolver a súa idea proposta a nivel de anteproxecto.
- Unha segunda fase, na que, de entre as CINCO propostas desenvolvidas a nivel de anteproxecto -en desenvolvemento da súa idea inicial-, elixirase a proposta adxudicataria, cuxo autor será adxudicatario do contrato de servizos de redacción do proxecto e dirección de obra, da actuación descrita nestas bases, polo importe dos honorarios de 206.264,31 € máis o IVE correspondente tomando como referencia os cadros establecidos no BOE do 27 de maio de 2015 relativos á Resolución do 11 de maio de 2015, sobre honorarios de redacción do proxecto e dirección técnica da Sociedade Estatal de Xestión Inmobiliaria de Patrimonio, SA, dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, entregando, en primeiro premio, 12.100 € en concepto de taxas de entrega (IVE incluído) do contrato.
Os CATRO restantes recibirán premios baremados en diferentes contías, por un importe total de 17.500,00 € (IVE incluído), do seguinte xeito:
Segundo premio: 7.500,00 € (IVE incluído)
Terceiro premio: 5.000,00 € (IVE incluído)
Primeiro accésit: 2.500,00 € (IVE incluído)
Segundo accésit: 2.500,00 € (IVE incluído)
XII Congreso Internacional de Ordenación del Territorio (XII CIOT) “Cultura territorial. El futuro no se improvisa”
El XII Congreso Internacional de Ordenación del Territorio (XII CIOT), coorganizado por FUNDICOT y la Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de la Xunta de Galicia, se celebrará en la ciudad de Santiago de Compostela los próximos días 12, 13 y 14 de noviembre de 2025. Este nuevo XII CIOT pretende seguir siendo foro de referencia para la presentación y discusión de las condiciones, avances, prácticas y experiencias en materia de planificación, implementación, evaluación y gestión territoriales; desde diferentes enfoques (natural, patrimonial, urbano, infraestructural, paisajístico, rural, litoral, del desarrollo económico regional…), pero siempre respondiendo a una visión coherente e integrada. read more…
Novas Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”
Infórmase aos colexiados/as da publicación das novas Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”, tras ser anuladas as anteriores polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales (TACRC) que dispuxo a retroacción do procedemento ao momento anterior á aprobación dos pregos do concurso, impugnados por 12 colexiados/as, a ETSAC e o COAG.
Como pode verse na documentación adxunta, as novas bases, cun prazo moi axustado que dificulta enormemente a formación de equipos, manteñen o carácter desproporcionadamente restrinxido do concurso, favorecendo a grandes consultoras internacionais e poñendo barreiras de entrada aos estudios de arquitectura locais e ao coñecemento sobre a cidade. read more…
O COAG presenta un recurso contencioso administrativo contra a resolución 1198/2025 (REC. 899/2025), DE 03/09/2025 do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, pola que se inadmite a trámite o recurso especial en materia de contratación interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), contra os pregos relativos á “contratación do servizo de elaboración do Máster Plan, anexos e documentos derivados do proxecto Coruña Marítima”, EXPEDIENTE 2025/I/056_P-1500.01.A.05, convocado pola Presidencia da Autoridade Portuaria da Coruña.
O motivo do recurso contencioso administrativo é que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales inadmitiu a trámite o recurso do COAG argumentando que o Colexio carece de lexitimación para presentar dito recurso contra as bases do concurso.
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de outubro de 2025
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de outubro de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro...
Concurso de ideas, a nivel de anteproxecto, para transformar o conector central da cidade de Santiago de Compostela – Ampliación de prazo
Ampliado o prazo de presentación das proposta e documentación administrativa (Fase I) do Concurso de ideas, a nivel de anteproxecto, para a transformación do conector central da cidade de Santiago de Compostela ata as 13:00 horas do día 09/01/2026. O concurso ten por...
Exposición “Arquitecturas en curso. Modernidade na ETSAC”
O xoves 23 de outubro, ás 20:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a inauguración da exposición: ARQUITECTURAS EN CURSO. MODERNIDADE NA ETSAC. Na mostra, que se poderá visitar ata o 23 de xaneiro do 2026, poderanse...
#COAGconta: Software libre ou baixo prezo
O xoves 23 de outubro, ás 12:00, exploraremos o panorama xeral dos softwares de arquitectura dende un punto de vista económico da man de Evelio Sánchez Juncal. Abordarase o papel do software libre e de baixo custo como alternativa real no ámbito da arquitectura e o...
Enquisa sobre preferencias formativas para 2026
Co obxectivo de coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas, tanto en cursos de actualización profesional (aprox. menos de 50 horas) como nos #COAGconta, para establecer a programación e contidos a desenvolver durante este próximo ano 2026, acabamos...
VERI*FACTU aplicación gratuita de facturación de la AEAT
La AEAT pone a disposición de los contribuyentes una aplicación gratuita de facturación, accesible desde la Sede de la AEAT. Este formulario permite a los contribuyentes generar facturas electrónicas y enviar los registros de facturación directamente a la AEAT,...
Concurso para a construción do novo “Parque Deportivo Inclusivo Porto do Molle” no concello de Nigrán (Pontevedra)
O Concello de Nigrán pon en marcha un concurso de proxectos en dúas fases, con xurado que se desenvolverá en dúas fases (ideas e anteproxectos), para a construción do Parque Deportivo inclusivo de Porto do Molle. O Concello de Nigrán considerou axeitada a colaboración...
XII Congreso Internacional de Ordenación del Territorio (XII CIOT) “Cultura territorial. El futuro no se improvisa”
El XII Congreso Internacional de Ordenación del Territorio (XII CIOT), coorganizado por FUNDICOT y la Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de la Xunta de Galicia, se celebrará en la ciudad de Santiago de Compostela los próximos días 12, 13 y 14 de...
Novas Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”
Infórmase aos colexiados/as da publicación das novas Bases do Concurso internacional para a redacción do “Máster Plan Coruña Marítima”, tras ser anuladas as anteriores polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales (TACRC) que dispuxo a retroacción do...
O COAG presenta un recurso contencioso administrativo contra a resolución 1198/2025 (REC. 899/2025), DE 03/09/2025 do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, pola que se inadmite a trámite o recurso especial en materia de contratación interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), contra os pregos relativos á “contratación do servizo de elaboración do Máster Plan, anexos e documentos derivados do proxecto Coruña Marítima”, EXPEDIENTE 2025/I/056_P-1500.01.A.05, convocado pola Presidencia da Autoridade Portuaria da Coruña.
O motivo do recurso contencioso administrativo é que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales inadmitiu a trámite o recurso do COAG argumentando que o Colexio carece de lexitimación para presentar dito recurso contra as bases do concurso.