Co obxectivo de coñecer as vosas preferencias e principais demandas formativas, tanto en cursos de actualización profesional (aprox. menos de 50 horas) como nos #COAGconta, para establecer a programación e contidos a desenvolver durante este próximo ano 2026, acabamos de habilitar a enquisa sobre preferencias formativas. Ademais, inclúense algunhas cuestións de tipo organizativo que nos resultan de gran utilidade para aliñar as modalidades, formatos, horarios, dedicacións etc., coas vosas preferencias.
A enquisa é breve e anónima. Coñecer as vosas opinións e preferencias resulta especialmente importante para nós para mellorar o enfoque e a organización das actividades formativas que programamos, así como para que promover novos cursos nas liñas que propoñedes.
Moitas grazas!
