O xoves 23 de outubro, ás 12:00, exploraremos o panorama xeral dos softwares de arquitectura dende un punto de vista económico da man de Evelio Sánchez Juncal.
Abordarase o papel do software libre e de baixo custo como alternativa real no ámbito da arquitectura e o BIM, explorando o potencial da interoperabilidade e dos estándares abertos como garantía de liberdade e continuidade nos procesos dixitais. Analizaranse ferramentas, modelos e casos prácticos que amosan como o uso de estándares como o IFC, BCF, IDS ou bSDD permite avanzar cara a un futuro máis aberto, colaborativo e sostible.
Para quen non coñeza a Evelio Sánchez Juncal, Evelio é arquitecto e divulgador especializado en BIM, interoperabilidade e transformación dixital do sector. Podedes velo no seu canal [IFC Addict] ou escoitalo xunto a Rogelio Carballo e Rafael Tenoriono no seu podcast [BIMrras]. participando activamente en proxectos e iniciativas que promoven un uso máis libre, colaborativo e sostible da tecnoloxía na arquitectura.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria a inscrición na seguiente [+ ligazón]
Colabora ![]()
