Categoría

Inauguración da Exposición FETSAC X COAG

Inauguración da Exposición FETSAC X COAG

O mércores 25 de marzo, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a inauguración da exposición: FETSAC x COAG: Unha historia proxectada en 18 anos. Na mostra, que poderá visitarse dende o 25 de marzo do 2026 na sede colexial, amosaranse imaxes, vídeos, fotografías e carteis de todas as edicións do Festival de Arquitectura FETSAC; un festival nacido en 2009, para dar forma a unha iniciativa cultural, colectiva, transgresora, xenerosa, e entusiasta, organizada por diferentes grupos de estudantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC) que ano a ano van tomando o relevo e que volverán reencontrarse no contexto deste 18 aniversario da creación da FETSAC.

read more…

#COAGconta: Modificacións no procedemento para a Certificación da Eficiencia Enerxética de Edificios

#COAGconta: Modificacións no procedemento para a Certificación da Eficiencia Enerxética de Edificios

O mércores 25 de marzo ás 12:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale, arquitectos do servizo de asesoramento en materia de aforro de enerxía e rehabilitación enerxética do COAG, farán un repaso polas modificacións no procedemento para a Certificación de a Eficiencia Enerxética de Edificios a partir de o 1 de abril de 2026.

  • Cambios importantes nos modelos de Certificado de Eficiencia Enerxética
  • Novo documento de Condicións Técnicas dos Procedementos para a Avaliación da Eficiencia Enerxética dos Edificios
  • Novo XML
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Lembra que podes ter acceso a todalas gravacións de xornadas exclusivas para colexiados dende a páxina web do COAG, apartado servizos / formación / gravación de xornadas de asesoramento.
Colabora   
Patrocinadores da II edición dos Premios de Arquitectura Próximos 2026

Patrocinadores da II edición dos Premios de Arquitectura Próximos 2026

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) quere expresar a nosa satisfacción e o noso agradecemento ás empresas que colaboran como patrocinadoras nesta II edición dos Premios de Arquitectura Próximos 2026, así coma do ciclo anual de conferencias que a Delegación organiza ao longo do ano, e tamén do noso Programa de Mentoring. read more…

Resultado da Convocatoria para selección de propostas para axudas a publicacións e actividades culturais 2025

Resultado da Convocatoria para selección de propostas para axudas a publicacións e actividades culturais 2025

En relación coa convocatoria realizada na Circular 14/2025 para selección de propostas para axudas a publicacións e actividades culturais, infórmase do resultado de dito proceso.

Tal e como se indica na Circular 4/2026, nesta proposta de axudas, rematado o prazo de presentación recibíronse 17 propostas. A Xunta de Goberno, na súa sesión 7/2026 de 12 de marzo tomou coñecemento da proposta de axudas elaborada polo comité de selección designado para a valoración das candidaturas presentadas. En relación coa devandita proposta, a Xunta de Goberno na devandita sesión, adoptou os seguintes ACORDOS:

APROBAR A PROPOSTA DO COMITÉ DE SELECCIÓN EN RELACIÓN COAS CANDIDATURAS PRESENTADAS Á CONVOCATORIA DE AXUDAS A ACTIVIDADES CULTURAIS 2025, DETERMINANDO A CONCESIÓN DAS AXUDAS ÁS 11 PROPOSTAS SELECCIONADAS POLO COMITÉ.

COMO A PROPOSTA DO COLEXIADO D. CARLOS SÁNCHEZ MONTAÑA, COLEXIADO N 1923, NON REQUIRE APOIO ECONÓMICO, PROCÉDESE DISTRIBUIR O TOTAL DO PRESUPOSTO ASIGNADO Á CONVOCATORIA, QUE ASCENDE A UN IMPORTE DE 15.000 €, DE FORMA EQUITATIVA ENTRE AS 10 PROPOSTAS RESTANTES, ASIGNANDO UNHA AXUDA ECONÓMICA POR UN IMPORTE DE 1.500 € A CADA UNHA DELAS.

OS IMPORTES DAS AXUDAS CONCEDIDAS, REALIZANSE EN CONCEPTO DE PATROCINIO DEBENDO FORMALIZARSE A COLABORACIÓN MEDIANTE O CORRESPONDENTE ACORDO ASINADO ENTRE AMBAS PARTES, NO QUE, ENTRE OUTRAS CONDICIÓNS, DEBERASE FACER REFERENCIA AO PATROCINIO E INCLUIR O LOGOTIPO DO COAG.

A relación de propostas aprobadas é a seguinte:

  • Publicación: LER COMPOSTELA
    Autor: Carlos Sánchez-Montaña López. Colexiado 1923.
  • Publicación: GUÍA METODOLÓGICA DE PLANIFICACIÓN RURAL PARA UNA TRANSICIÓN JUSTA
    Autor: Jorge Rodríguez Álvarez. Colexiado 2911.
  • Publicación: N-550. DA ESTRADA Á RÚA
    Autor: Ramón Viéitez Rodríguez. Colexiado 3096.
  • Publicación: UNA CATEDRAL EN UN LIBRO. KENNETH JOHN CONANT Y COMPOSTELA
    Autor: Antonio Santiago Río Vázquez. Colexiado 3471.
  • Publicación: VAD13 e VAD14 (Veredes, Arquitectura e Divulgación)
    Autor: Alberto Alonso Oro. Colexiado 4260.
  • Xornadas: O FESTIVAL MARCO
    Autor: César García Piñeiro. Colexiado 4412.
  • Xornadas: XORNADA DIVULGACIÓN. RELATORIOS E VISITA DE CAMPO
    Autora: Sheila García Prado. Colexiada 4442.
  • Xornadas: O FESTIVAL ATMÓSFERAS
    Autora: Nuria Prieto González. Colexiada 4825.
  • Xornadas: MIÑO A TRAVÉS DOS SENTIDOS: PERCORRIDOS PAISAXÍSTICOS NAS SENDAS DO MUNICIPIO
    Autor: Camilo Blanco Pampín. Colexiado 5317.
  • Exposición: CARTOGRAFÍAS CRUZADAS
    Autor: Pablo López Arias. Colexiado 5508.
  • Outra: RACIONALISMO A CORUÑA: HABEMUS PLACA
    Autora: Laura Gil Ferradás. Colexiada 5525.

 

Concello de Fene – Unha praza de Arquitecto/a

Concello de Fene – Unha praza de Arquitecto/a

No BOE de 25 de marzo publícase o anuncio da resolución de 17 de marzo de 2026 do Concello de Fene (A Coruña), referente á convocatoria dunha praza de Arquitecto/a polo sistema de oposición en turno libre. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días...