Inauguración da Exposición FETSAC X COAG

20 Mar 2026

O mércores 25 de marzo, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a inauguración da exposición: FETSAC x COAG: Unha historia proxectada en 18 anos. Na mostra, que poderá visitarse dende o 25 de marzo do 2026 na sede colexial, amosaranse imaxes, vídeos, fotografías e carteis de todas as edicións do Festival de Arquitectura FETSAC; un festival nacido en 2009, para dar forma a unha iniciativa cultural, colectiva, transgresora, xenerosa, e entusiasta, organizada por diferentes grupos de estudantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC) que ano a ano van tomando o relevo e que volverán reencontrarse no contexto deste 18 aniversario da creación da FETSAC.

Síntese

O Festival de Arquitectura FETSAC naceu grazas a unha agrupación desinteresada de estudantes da ETSAC que decidiu, por iniciativa propia, crear unhas xornadas culturais que alterasen a percepción habitual que os seus compañeiros e compañeiras tiñan do centro, a ETSAC, dando lugar, en 2009, ao «Circo», a primeira edición do festival.

O esforzo deste impulso inicial viuse recompensado coa continuidade desta feliz iniciativa. Nas seguintes edicións, as diversas actividades propostas –conferencias, debates, talleres e múltiples accións lúdico-arquitectónicas– xiraron sempre arredor dunha temática específica, na que se convidaba a participar a profesionais da arquitectura, así como a outros colectivos e expertos. A interesante programación desenvolvida polos estudantes explica só unha parte do éxito desta acción cultural, pois gran parte do segredo e frescura da FETSAC reside tamén en que cada ano un grupo diferente de estudantes, movido por intereses e inquedanzas similares, toma as rendas novamente e encárgase de todos os labores de organización e xestión da mesma.

Por esta razón, o concepto do festival non deixou de evolucionar, de maneira que hoxe en día non se podería definir a FETSAC só como un colectivo, ou como unha semana cultura máis, senón como unha actitude. Actitude optimista, innovadora, crítica e experimental. Actitude que fai posible un xeito estimulante de vivir e de pensar a arquitectura fóra dos leitos, e dos teitos, estritamente académicos e que fai posible que esta iniciativa sexa tamén celebrada e admirada polos compañeiros/as arquitectos/as.

Sendo así, a Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, vai acoller na súa sede a celebración dos 18 anos da FETSAC, recoñecendo o valor do traballo do estudantado que fixo, fai e fará posible este festival, sen deixar de celebrar tamén que, entre ese estudantado, atópanse hoxe moitos arquitectos e arquitectas colexiadas. En forma de recoñecemento, citamos a todos eles aquí:

Oliver, Paula, Laura Abad, Diego Abalde, Kevid Abella, Reyes Alejandre, Gabriel Alejo, Yaiza Allo, Fernando Alonso, Aitor Almaraz, Alberto Álvarez, Jaime Álvarez, Marta Álvarez, Martina Álvarez, Paula Álvarez, Daniela Alemparte, Noelia Amoedo, Antonio Antequera, Marta Ánxela, Luís Armas, Sergio Artime, Sohaib Asdih, Laura Bao, Patricia Bao, Nuria Balboa, Borja Balbuena, David Balseiro, Uxía Baños, Adriana Barbeito, Héctor Barrantes, Natalia Barreiro, Laura Barrio, Carmen Pilar Barrio, Germán Barros, Natalia Becerra, Diego Bellas, Elena Bello, Olalla Bello, Antía Bermúdez, Carolina Bermúdez, Ana Blanco, Cristian Blanco,  Javi Blasco, Manuel Bode, Andrés Boedo, Martín Brea, Andrea Broullón, Daniel Bures, Helena Burón, Paula Cabaco, Eva Cadilla, Nuria Cal, Cristina Cao, Alejandro Calviño, Javier Cambeiro, David Camesella, Aida Cangas, Ángela Cangas, Alicia Carcacia, Ángel Castro, Paula Castro, Andrea Conde, Adrián Cordero, Marta Corrás, Joel Cotardo, Joel Cotardo, Marta Coto, Valeria Oliva Cousillas, Ricardo Couso, Joana Covelo, Paula Cruz, Noemí Cuba, Rafael Cubillo, Iván Cuellas, Omar Curros, Estela Darriba, Tamara Deza, Diego Díaz, Gonzalo Díaz, Hilda Díaz, Lucía Diz, Manuel Domínguez, Raquel Domínguez, Ana Echeverría, Jorge Enriquez, Lucia Escrigas, Sara Escudero, María Fandiño, Marta Feijóo, Álex Fernández, Andrea Fernández, Carmen Fernández, Cristian Fernández, Iván Fernández, Julia Fernández, Leticia Fernández, Mario Fernández, Pablo Fernández, Sofía Fernández, Fabio Ferreira, Raquel Ferreiro, Alberto Fortes, Manuel Fraga, Tania Fraga, Paula Franjo, Juan Froján, Cristina Gabín, Pablo Galdo, Alex García, Carolina García, Lara García, Lucía García, Paco García, Rubén García, Terina García, Carlos Gayoso, Daniel Gewehr, Aurora Gil, Antonio Giráldez, Andrea Gómez, Ángela Gómez, Saúl Gómez, Adrián González, Carlos González, María González, Borja Green, Darío Marcos Guinea, Begoña Hermida, Iván Hernando, Pablo Ibáñez, Breogán Iglesias, Lucía Iglesias, Anya Karyn Mora, Marco Lado, Lara Lamas, Camino Lamas, Yago Liste, Lidia López, Lucía López, Marina López, Nazaret López, Nerea López, Clara Lorenzo, Inés Mancilla, Laura Maquieira, Antonio Mariño, Rosa Martín, Adriana Martínez, Carla Martínez, Cecilia Martínez, Naira Martínez, Laura Martínez, Rosalía Martínez, Bernardo Martos, Pedro Meira, Juan Luis Méndez, María Mera, Ana Monteagudo, María Montenegro, Andrea Montes, Irene Morilla, Marta Nogueira, David Muñiz Loira, Alba Núñez, Sabela Nieves, Víctor Nolasco, Ana Orriols, Pablo Ortiz, Sara Osorio, Ana Otero, Cintia Otero, Laura Palacios, Gonzalo Pando, Raquel Parra, Laura Pato, Elena Pena, Eva Pérez, Sabela Pérez, Sandra Pérez, Miguel Picado, Olalla Picallos, Diana Piñeiro, Cristina Piñón, Pablo Pita, Adrian Pose, Belén Potel, Ana Prado, Álvaro Queiro, Eva Redondo, Marta Rega, Marcos Reguera, Fabio Rey, Sonia Rey, Oscar Ríos, Tania Riveira, Nuno Riveros, Bertila Rodríguez, Carmen Rodríguez, Gabriel Rodriguez, Leticia Rodríguez, María Rodríguez, Noelia Rodríguez, Omar Rodríguez, Samuel Rodríguez, Senén Rodríguez-Carrera, Xan Rodríguez, Abel Romero, Paula Romero, Velia Romina, Alejandro Sánchez, Andrea Sánchez, Carmen Sánchez, Isabel Sánchez, Miguel Sánchez,  Luís M Santalla, Eva Dos Santos, Marta Sicre, Bea Sierra, Lucía Sineiro, Erika Bea Soutullo, Alba Suaña, Rei Takazawa, Hita Tenreiro, Gutier de la Torre, Clara Torréns, Laura Uriarte, Juan Valiente, Paula del Valle, Uxía Varela, Daniel Vázquez, Patricia Vázquez, Rita Vázquez, Rut Vázquez, Sandra Vázquez, Adrián Vidal, Cristina Vilares, Daniel Vilares, Blanca Villasante, Abraham Viqueira, Marta Xiu Arias.

Esta exposición, que poderá visitarse en horario de apertura da sede coruñesa do COAG, abrirá o camiño ás actividades da XVII edición da FETSAC que este ano terán lugar entre o 13 e o 16 de abril na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Na mostra poderán verse imaxes, vídeos, fotografías e carteis de todas as edicións, ademais de elementos propios usados para intervir artisticamente no espazo da ETSAC. Igualmente, a través dun vídeo preparado pola FETSAC, amosarase tamén unha recompilación de vídeos históricos de todos os membros da FETSAC que servirá de colofón do acto. Finalmente, obsequiarase aos antigos integrantes da Asociación de alumnos activos de arquitectura FETSAC cun convite e un chaveiro personalizado FETSAC, que están pensados para conmemorar o seu paso por este enriquecedor proxecto cultural-arquitectónico colectivo.

+ info sobre a historia da FETSAC e sobre as actividades deste ano nos seguintes enlaces: <https://etsa.udc.es/web/?page_id=32228> e nas RRSS: <https://www.instagram.com/fetsac/> <https://www.facebook.com/fetsac> <https://www.tiktok.com/@fetsac>

DATA:
Inauguración: Mércores, 25 de marzo do 2026– 19:00 horas
Duración da exposición: até o 25 de maio do 2026

LUGAR:
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña

ORGANIZAN:
Asociación de alumnos activos de arquitectura FETSAC, integrada en 2026 por:
Naira Martínez, Olalla Bello, Adrián Vidal, Adriana Martínez, Ángela Gómez, Antía Bermúdez, Anya Karyn Mora, Breogán Iglesias, Carla Martínez, Carmen Pilar Barrio, Carolina García, Clara Lorenzo, Cristina Piñón, Daniel Gewehr, Germán Barros, Helena Burón, Inés Mancilla, Iván Fernández, Jaime Álvarez, Lucía Iglesias, Marta Ánxela, Marta Corrás, Marta Rega, Marta Xiu Aria,s Martina Álvarez, Paco García Patricia Bao, Sabela Nieves, Velia Romina, Xan Rodríguez.
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

COLABORA
Asociación cultural Flor de Santiago

Compartir